Este curso seguimos a manipular os tangram e os xeoplanos, xa que nos dan moito xogo á hora de traballar diferentes conceptos de lóxico-matemática, así como tamén pon a proba a nosa creatividade e concentración.
Páxinas
martes, 30 de noviembre de 2021
ANIVERSARIOS NOVEMBRO
a todo o alumnado
que está de aniversario
este mes.
mARTÍN
XABI
cielO
SEBAS
viernes, 26 de noviembre de 2021
25 N
Dia Internacional contra
a Violencia de Xénero.
O xoves día 25, gardamos un minuto de silencio no patio. Previamente, en días anteriores, estivemos a facer unhas nubes para colocar no noso "PARAUGAS DA IGUALDADE".
Fixemos unha choiva de ideas e escollemos 4 palabras significativas para este día. Escribímolas nun folio e logo pegámolas nas nubes que xa tiñamos picadas.
martes, 23 de noviembre de 2021
Xogo de parellas
Nestes intres estamos a traballar o proxecto: "MIÑO NO CAMIÑO".
Na entrada de hoxe, deixamos un xogo que preparamos con imaxes de Miño e que podedes xogar na casa intentando atopar as parellas.
Ánimo!!!
... e a facelo nos menos intentos posibles.
viernes, 19 de noviembre de 2021
Un día especial!
Hoxe, venres 19,
tivemos unha actuación moi movida, divertida e entretida...
veu a visitarnos
a ORQUESTRA CÉ PANTASMA.
Pasámolo así de ben:
ATA OUTRA!!!
lunes, 15 de noviembre de 2021
Vocabulario de outono
Traballamos a lecto-escritura co vocabulario de outono e tamén aproveitamos para poñer a proba as nosas dotes artísticas.
viernes, 12 de noviembre de 2021
DÍA DO PEÓN
celebramos o DÍA DO PEÓN.
📌 Unha das actividades que fixemos foi decorar uns peóns para adornar as cortizas dos corredores.
Exposición:
📌Nas nosas aulas practicamos cos bailaretes que reciclamos do curso pasado...
... para logo bailalos no patio.
POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO!!!
📌No seguinte enlace podedes atopar diferentes recursos relacionados co peón.
(Preme na imaxe para poder acceder)
martes, 9 de noviembre de 2021
Recunchos
Nesta entrada amosámosvos diferentes formas de traballar dentro da aula. Deste xeito, ademais de xogar... aprendemos: manipulando, observando, investigando...
💓 Un pouco de lóxico-matemáticas:
💓 De lecto-escritura:
💓 No noso recuncho de creatividade:
💓 Coas tabletas:
(Empregamos diferentes xogos de lecto-escritura, de lóxico-matemáticas, de orientación espacial, de axilidade...)
jueves, 4 de noviembre de 2021
Concerto 🎵🎵🎵
Hoxe tivemos un concerto moi especial. Viñeron a visitarnos ao cole: Andrea e Fransy que pertencen á Asociación "O CASTRO".
Estivemos a pasar un rato moi entretido escoitando música tradicional galega acompañada duns instrumetos "atípicos": (cunchas, sachos, latas, botellas de anís, piñas, culleres... ademais de pandeiretas e pandeiras).
Esta actividade foi subvencionada pola ANPA.
No concerto participamos todos e todas, e ao rematar tivemos a oportunidade de poder manipular estes instrumentos tan orixinais.