miércoles, 26 de noviembre de 2025

25 N 💟

Para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero levamos a cabo diferentes actividades:
💜Decoramos unhas plumas para montar un "photocall"


💜Nalgunha das aulas traballamos o conto: "Artur e Clementina".

💜Noutras estampamos as nosas mans violetas...
💜Xa o día 26 
pUidemos gozar do espectáculo 
de títeres que nos ofreceu a Xanela do Maxín e que leva por título: Lúa quere viaxar a ... Marte!. (Esta actividade foi grazas á colaboración da ANPA).

COLISEO ROMANO ✈

Estas son algunhas das tarefas que levamos a cabo para coñecer o país no que se ubica esta "MARABILLA".

👀 Vídeo explicativo recollido de youtube:

👀 Información que nos aportaron as... familias:

👀 Recuncho:

👀 Actividades:
👀 Xogo

martes, 18 de noviembre de 2025

PASAPORTE A... ✈⛴

Para iniciar o proxecto elaboramos uns pasaportes que deberemos de ir cubrindo a medida que vaiamos coñecendo e investigando as diferentes MARABILLAS.



Este é o modelo:

Despois de presentar ao alumnado de 3 anos o seu amigo especial (alumnado de 5), unha das actividades que fixemos no programa TEI foi que cada nen@ tiña que entregar ao seu amig@ especial o seu pasaporte para poder iniciar esta aventura de coñecementos...
Unha vez entregados os pasaportes cubrímolos cos nosos datos: