Hoxe imos coñecer a historia de Artur e Clementina!
Algunha vez puxestes moita ilusión nalgo
que, ao final, non foi tan emocionante como pensabades? Algo así lles pasou a esta parella de
tartarugas cando comezaron a vivir xuntas. Clementina tiña moitos plans fantásticos pensados, pero Artur non estaba disposto a que os levase a cabo.
Queredes saber como foi todo?
O enlace
que aparece a continuación
levaravos ao conto!:
Agora que xa coñecedes polo miúdo o seu argumento, imos facer unhas cantas actividades
relacionadas con el.
Aquí van unhas cantas propostas!:
- Clementina tiña a cuncha cargada con varios pisos de obxectos que non lle aportaban nada: un tocadiscos, un cadro, enciclopedias... Que vos parece se lle axudades a que iso cambie? Primeiro, debuxádea nun amplo anaco de papel e decorádea ao voso gusto...
Se queredes, inspirádevos neste modelo:
- Pensade no que máis vos gusta das vosas vidas. Como vedes no exemplo, poden ter cabida unha flor, os bicos e as apertas dos seres queridos... Collede anacos de papel pequenos, debuxade neles o que se vos ocorreu e escribide o seu nome. Unha vez feito isto, só vos queda pegalos na cuncha de Clementina. Seguro que toda a positividade que lle aportastes vai facer que se sinta moito mellor!
- Apetécevos facer algo un pouco máis manipulativo? Se é así, deixade voar a vosa imaxinación e modelade con plastilina ás tartarugas!
Tamén podemos representalas con outros recursos da vida cotiá: cáscaras de noces, macarróns, pedras...

- Agora que xa tedes feitas as figuras de Artur e Clementina, é un bo momento para dramatizar o conto! A vosa pequena obra de teatro pode respectar o fío do argumento orixinal ou inventar un final alternativo.
- E por último... movede o esqueleto ao ritmo da canción que aparece no seguinte vídeo.
Inventade coreografías, cantádea...

Todo é válido!
Cando xa teñades feitas as representacións de Artur e
Clementina, gustaríanos que nolas amosásedes! 

- Agora que xa tedes feitas as figuras de Artur e Clementina, é un bo momento para dramatizar o conto! A vosa pequena obra de teatro pode respectar o fío do argumento orixinal ou inventar un final alternativo.
- E por último... movede o esqueleto ao ritmo da canción que aparece no seguinte vídeo.
Inventade coreografías, cantádea...
Pero sobre todo...Desfrutade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario