sábado, 21 de diciembre de 2019

FELICITACIÓN DE NADAL

Dende as aulas de infantil 
queremos desexarvos 
unhas...
 FELICES FESTAS!





E os nosos mellores desexos 
para o ano que está
a piques de comezar.
ATA O 2020!

Pinceladas...

Estes son algúns dos momentos vividos nas aulas de infantil durante o 1º trimestre.






Construcións, lecto-escritura, lóxico-matemáticas, creatividade, bingo de letras, grafos, mandalas...

viernes, 20 de diciembre de 2019

ANIVERSARIOS DECEMBRO


   OS NOSOS 
MELLORES DESEXOS 
PARA TOD@S...   

DUNA
GUILLE
GEMA
CARMEN
ROI, INÉS E SAMANTHA
ERIK
IKER E SARA

VISITA!!!


Hoxe tivemos unha visita moi especial
 no cole:
OS REIS MAGOS!!!



Todo o alumnado de infantil entregámoslles unha carta cos nosos desexos e tamén posamos con eles. 
QUE ILUSIÓN!!!






Tamén nos fixeron entrega das postais que intercambiamos co resto do alumnado do cole.





Aquí podedes ver os máis pequechos esmerándose coa súa carta:

jueves, 19 de diciembre de 2019

Máis portadas...

Portada e contraportada 
para o traballo
das aulas de 3 anos:

CONTACONTOS

Hoxe gozamos do contacontos:"MARUXA POPPINS".
Na nosa "axenda" esta mañá tocaba un pouco de animación á lectura e sobre todo... educación en igualdade.
A través de xogos e diferentes contos esta "nena-grande" fíxonos reflexionar sobre a igualdade, a integración e a cooperación.
Resumo en imaxes da actividade:




FOI MOI DIVERTIDO!

PORTADAS

Estas son as portadas que o alumnado de 4 anos fixo sobre o traballo de Miño:

Así as preparamos:

O APALPADOR



Esta semana estamos coñecendo a figura do Apalpador.
A continuación algunhas das actividades da aula:
Conto:

Historia do Apalpador contada polo alumnado de 5º curso do CEIP Nosa Sra de Xuvencos.

CANTIGA:

Interpretación por parte do grupo Malvela da cantiga que os pais e as nais cantaban antigamente ás crianzas ante a inquedanza que lles provocaba a chegada do Apalpador


sábado, 14 de diciembre de 2019

Traballo colaborativo

Todo o alumnado do centro está preparando unha tarxeta de Nadal expresendo os seus mellores desexos para o resto de compañeir@s.

INSTRUCIÓNS:
- Cartolina ou similar, tamaño A5.
- Técnica: collage con material de refugallo, debuxo con diferentes pinturas...
- Mensaxe: "Cos meus mellores desexos".

En infantil esta actividade resultou así:
3 ANOS



4 ANOS



5 ANOS






Unha vez rematada a tarxeta ...
exponse na entrada do centro:

Uns paxes moi especiais recolleranas 
o próximo día 19 de decembro 
para repartilas aleatoriamente 
ao  día seguinte 
entre todo o alumnado.