martes, 22 de diciembre de 2020

Bicos de Nadal!!!

Dende esta fiestra queremos transmitirvos os nosos mellores desexos para estes días.

Para este fin... 

preparamos unhas FELICITACIÓNS

MOI pero que MOI 

ESPECIAIS!!! 

Esperamos que vos gusten.

💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕💕

De parte de 3 anos A:




E de 3 anos B:



💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞💞

Bo Nadal e...

 un MELLOR 2021!!!

Vacacións de Nadal!!!


Xa están aquí 

as vacacións de Nadal

 polo que despedimos 

trimestre e ano.

Toca levar os nosos traballos para a casa. Non sin antes...

POSAR!!!

Despedímonos ata o ano que ven a ritmo de panxoliña.

Hoxe deixamos unha moi marchosa que nos serve para liberar enerxías e que ten como protagonista un personaxe que nos gusta e que tivemos presente durante estes últimos días nas nosas actividades.

Belinda- "Rodolfo el reno".

(Recollido de youtube).


Aniversarios de decembro.

Parabéns a Pablo que este mes cumpriu 3 anos.

PABLO C.


lunes, 21 de diciembre de 2020

Xogos con temática de Nadal.

Traballamos a lóxico-matemática, a atención, concentración e observación con diferente material que ten como protagonista o Nadal.

- Cartas. 
Cada participante ten un pau da baralla (papá Noel, bastón, galleta ou árbore).

Traballamos o conteo. Un participante sae cun nº e os restantes terán que achegar o mesmo nº do seu pau.

- Bingo: 
Primeiro conteo de tapóns ou cubos ata 6, xa que estas serán as fichas que precisamos para completar o cartón.

Logo temos que prestar atención e buscar a imaxe que sacamos ao azar, se a temos no noso cartón teremos que poñer unha ficha enriba da imaxe.

De vez en cando imos contando as casas que temos cubertas.

O xogo remata cando completamos o cartón (todas as casas marcadas), ou o que é o mesmo, cando se consigue tachar todas as imaxes.


Tamén traballamos a prensión, formas e cores cos cuños.


sábado, 19 de diciembre de 2020

Tarxetas de NADAL

Este curso 
os BOS DESEXOS 
veñen en formato dixital.



Seguindo a liña do ano pasado, dende o equipo de Extraescolares propóñennos facer unha postal co lema "Cós meus mellores desexos", onde o alumnado poderá facer unha tarxeta empregando diferentes materiais para felicitar o Nadal. Este ano ditas composicións por motivos de seguridade entregaránse en formato dixital e exporanse na aula virtual do centro.

Nas aulas de 3 anos decidimos facer unha postal cooperativa por equipo, de tal forma que cada subgrupo dentro da aula participa na elaboración dunha tarxeta. De seguido deixámovos a reportaxe fotográfica destes momentos:

-3 anos A:

                                                     

                                                
       
                                                            
-3 anos B:
            
                                       
                                                          
           
  🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎆🎆🎆🎆🎆🎆🎆🎆🎆🎆🎆🎆🎆🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅
     🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅🎅

E con todas as tarxetas de infantil
 preparamos unha presentación
 para a aula virtual do centro 
... que tamén podedes ver aquí:

viernes, 18 de diciembre de 2020

Recompilación do traballo de mesa...

Deixamos recollido neste slide o traballo de mesa que estivemos a facer durante este primeiro trimestre.



E como non, unha pequena mostra do resultado destas actividades sobre o nome.


   

     Portada                                                                                                               Contraportada
Portada

Bóla de Nadal

Traballamos a arte tendo en conta a temática de Nadal. Nesta época tratamos os adornos de Nadal e pensamos en facer como manualidade... 

UNHA BÓLA!!!

Este foi o procedemento a seguir:

- Pintamos a bóla de cor dourada.

- Decoramos ao gusto de cada quen, con diferentes formas feitas en goma eva de purpurina.

- Resultado final...