martes, 31 de mayo de 2022

viernes, 27 de mayo de 2022

Pasiño a pasiño...

Hoxe venres 27 de maio chegou o gran día...

Imos de excursión!!! 

Facemos un anaco do Camiño de Santiago, o tramo que vai dende Bañobre ata o albergue de Miño (ao lado do noso cole).

Pasámolo xenial gozando da camiñata, das vistas e da natureza.

Mirade:


Ao chegar ao noso destino fixemos unha paradiña no parque de Telle para repoñer forzas e para cansarnos un poquiño xogando... 

...por si non nos chegou coa camiñata!😄😄😄😅😅😅

Deixamos a reportaxe fotográfica do momento:


miércoles, 25 de mayo de 2022

Momentos creativos...

Desenvolvemos a imaxinación en diferentes situacións e con distintos materiais...

PLASTILINA

PIZARRAS

CONSTRUINDO...

estas son algunhas pinceladas dos momentos onde poñemos a traballar o noso enxeño.

jueves, 19 de mayo de 2022

XOGOS DO CaMIÑO...

Introducimos na aula un xogo popular...

O 3 EN RAIA! 



Material que precisamos: 

- Un taboleiro que elaboramos coa base dun mapa de España, onde se poden ver diferentes Camiños.

- 6 fichas, empregamos  3 cunchas e 3 pedras

e...

A XOGAR!!!!


Con este xogo estamos traballando a motricidade, a intelixencia, a percepción, a direccionalidade e concentración entre outros.

viernes, 13 de mayo de 2022

Festexamos o Día das Letras Galegas

este venres 13 tivemos...   FESTA!!!

Viñeron a visitarnos e a tocar unhas pezas... Pedro e Andrea da asociación  "o castro".

continuamos cantando o himno galego 

(Deixamos esta versión que atopamos en youtube, interpretada por Lucía Pérez)

para concluir recitando o poema que elaboramos nas aulas para o concurso de "poemiños polas letras".

LETRAS GALEGAS 2022


17 DE MAIO

Este ano adícase a




Naceu en Córgomo (Ourense) o 27 de agosto de 1903 e faleceu en California o 14 de maio de 1987.

💙 Enlaces para saber máis: (prema)

- SEMINARIO GALÁN

- Traballo en papel

💙 E se queres xogar, podes facelo con este genially: (tan só tes que premer na imaxe)

Ou con este outro que atopamos na rede:
Do CEIP FONDO NOIS realizado por Juana
💙 Tamén podes escoitar música:


Canción interpretada por Carlos García Casás cun poema de Florencio Delgado.

jueves, 12 de mayo de 2022

PoeMiños 2022

Un ano máis polas Letras Galegas participamos nos "PoeMiños polas Letras", en infantil é un traballo cooperativo de gran grupo entre toda a aula.

Este curso nas nosas aulas de 4 anos A e 4 anos B, o tema era Miño e o Camiño de Santiago para integrar a actividade dentro do proxecto deste trimeste.

Primeiramente pensamos entre tod@s a poesía e escribímola:



Seguidamente tod@s temos que facer un debuxo sobre a nosa poesía:

Expoñémolos e facemos unha votación para escoller os debuxos que imos plasmar na poesía:

4 anos A:



4 anos B:




Debuxamos:

E aquí... está o resultado:

Poesía do grupo A:

Poesía do grupo B:

martes, 10 de mayo de 2022

VAIA XARDÍN!

Seguimos traballando coas flores, nesta ocasión facemos unha manualidade con pintura de dedos e estampado con tapóns de cortiza para conseguir o seguinte acabado::



Isto conseguímolo en 2 sinxelos pasos:
- Trazamos o tallo con pintura de dedos


- Pegamos uns gomets e ao redor estampamos con tapóns empregando diferentes cores para facer as flores


🌸🌺🌸🌺🌸🌺🌸🌺🌸🌺🌸🌺🌸🌺🌸🌺🌸🌺

viernes, 6 de mayo de 2022

Decoramos a porta...

A temática nesta ocasión está relacionada co proxecto.

Empregamos diferentes técnicas e texturas para conseguir o acabado esperado.

Pintamos con pincel e témperas:


Picamos, recortamos e rasgamos distintos materiais:


✂ Esponxado con témpera:

  Estampado con garfo e cuño:

✂ Montamos o peregrino:

Pintamos con acuarela: 

Para obter o seguinte resultado:

4ºA infantil
4ºB infantil

QUEDOU XENIAL!!!