viernes, 29 de mayo de 2020

Protagonistas

Rematamos semana cos seguintes protagonistas:
Alba, Emma, Ana, Alba, Mateo e Naim.

Botellas sensoriais

A nosa proposta para hoxe é unha actividade de estimulación sensorial.
Se buscades materiais para facer con todo aquilo do que dispoñedes no voso propio fogar, as botellas sensoriais teñen a resposta! 
Con elas, é posible traballar os sentidos de múltiples maneiras: 
- Escoitando os sons que producen os obxectos que están dentro delas ao axitalas. 
- Buscando mediante a vista diferentes elementos colocados no seu interior.
- ... 

Ademais, son realmente sinxelas de facer! 
Observade o procedemento no vídeo e animádevos a realizar as vosas. 
... xa veredes a sensación de calma que tedes logo ao manipulalas!

ANIVERSARIOS MAIO


Felicitacións a tod@s @s que estivéchedes de aniversario no mes das flores...

LOLA

PAULA

SARA

EDU

DARÍO

AINA

XABI

DANIELA

SOFÍA

Recopilamos 7

Esta é a nosa escolma de fotos para esta semana:


jueves, 28 de mayo de 2020

Protagonista

Protagonistas virtuais de hoxe:
Ainhoa, Ézaro, Amaia. Aina, Manuel e Leo.


Amosamos as actividades que fixeron algúns protagonistas de días anteriores:

Adrián de 4º A:

Xabi de 5º B:

Nótase que chegou o bo tempo e que aproveitamos para facer actividades ao aire libre.

Faroliño chinés

Nesta ocasión, para seguir co proxecto de "ASIA", propoñemos unha actividade creativa.
Ofrecémosvos algunha idea para levar a cabo o reto de hoxe:
Podemos empregar diferentes materiais: goma eva, cartolina, papel celofán, gomets, pedras de cristal, pintura...
Esperamos as vosas creacións!

Ademais de facer a manualidade, que tal se?... 
-  Anotamos os materiais empregados.
- Levamos un rexistro das cores, das formas, cantidade...
- Podemos facer series na parte superior e inferior para adornar o faroliño.
- Os máis pequenos poden nomear os materiais empregados. 
- Escribir e nomear por que letra empezan. 
- Contar as letras de cada palabra.
- Identificar os nomes, cores, formas...

Na casa...

Últimas fotos recén saídas do forno...


miércoles, 27 de mayo de 2020

Protagonista

Estes son os protagonistas virtuais deste día:
Adrián, Daniel, Alan, Xabi, Antón e Hugo.

Conto...

Para a hora de ler de hoxe, propoñemos:
"CHIBOS E CHIBÓNS"


Tarefas que podemos levar a cabo:
- Facemos preguntas sobre o conto, como por ex:
De onde baixaron os chibos?, como era a herba?, que tiveron que cruzar?... 
Escribimos a palabra correspondente a cada pregunta, por que letra comeza, contamos cantas letras teñen, cantas sílabas...
- Traballamos a descrición e escenificamos como era o chibo pequeno, o mediano, o grande... e o trasno?...
- Imitamos como camiña o chibo pequeno (patín, patín,...), o chibo mediano (patán, patán...) e o chibo grande (patón, patón...).
- Debuxamos aos 3 chibos e ao trasno.
- Grafía do número 3 (no aire, con plastilina, nun folio...)
- Cales son os amigos do nº 3? Facemos a casa do 3 e resolvemos.
- Agrupamos cousas que teñamos pola casa de 3 en 3 (pinzas, botóns, fabas....). Tamén podemos clasificalas por tamaños (pequeno-mediano-grande).
- Facemos series co noso corpo, por exemplo: 3 saltos-3 palmas-3 saltos.
Sumas e restas co número 3, exemplo: 3+5, 3+9, 7-3, 4-3...
E para divertirnos e mover un pouquiño o esqueleto, aí vai esta canción:

martes, 26 de mayo de 2020

Protagonistas

Comenzamos nova rolda de protagonistas virtuais:
Adrián, Aitana, Abel, Lía, Evan y Edu.

Figuras xeométricas

O reto de hoxe:
CONSTRUCIÓNS E SERIACIÓNS CON FIGURAS XEOMÉTRICAS 
Algunha vez fixástesvos nas figuras xeométricas do noso redor? Sen ir máis lonxe, o reloxo que nos axuda a levar conta do tempo é redondo. Tamén na natureza podemos atopar moitísimas: nos panais das abellas, nas ás das bolboretas... Hoxe probaremos a facer as nosas propias construcións, utilizando formas diferenciadas: cadrados, rectángulos, triángulos, círculos, óvalos, etc. 
Material empregado: cartolinas, papeis de cores, goma eva, gomets, ... 
Aquí tedes unhas cantas fotografías que vos poden servir de inspiración!

Coas figuras xeométricas que vos sobren das construcións, tamén podedes probar a decorar rolos de cartón, tanto ao voso gusto como seguindo seriacións: unha fila de cadrados, outra con dous triángulos e catro círculos, etc.
Vexamos un exemplo!

... na casa

Estes son os vosos últimos traballos:






Unha vez máis ... 
GRAZAS POR COMPARTIR!!!

lunes, 25 de mayo de 2020

Protagonistas

A protagonista virtual de hoxe é:
Noa

Xogo con tarxetas

Imos enredar coas palabras... 
O xogo consiste en sacar ao chou unha tarxeta e respostar ás ordes apoiándonos nas imaxes.
Podedes xogar con este material que vos suxerimos, ou facer os vosos propios debuxos e tarxetas...



Importante: deberemos ir incrementando a dificultade das preguntas según a idade e a madurez do nen@.

Psicomotricidade

Propostas para esta semana:


Pato

Lembrades que fai uns días propuxémosvos facer un pato con legos?
Pois estes son algúns resultados desta tarefa:




viernes, 22 de mayo de 2020