martes, 26 de mayo de 2020

Figuras xeométricas

O reto de hoxe:
CONSTRUCIÓNS E SERIACIÓNS CON FIGURAS XEOMÉTRICAS 
Algunha vez fixástesvos nas figuras xeométricas do noso redor? Sen ir máis lonxe, o reloxo que nos axuda a levar conta do tempo é redondo. Tamén na natureza podemos atopar moitísimas: nos panais das abellas, nas ás das bolboretas... Hoxe probaremos a facer as nosas propias construcións, utilizando formas diferenciadas: cadrados, rectángulos, triángulos, círculos, óvalos, etc. 
Material empregado: cartolinas, papeis de cores, goma eva, gomets, ... 
Aquí tedes unhas cantas fotografías que vos poden servir de inspiración!

Coas figuras xeométricas que vos sobren das construcións, tamén podedes probar a decorar rolos de cartón, tanto ao voso gusto como seguindo seriacións: unha fila de cadrados, outra con dous triángulos e catro círculos, etc.
Vexamos un exemplo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario