miércoles, 6 de mayo de 2020

Receita-conto

A  receita de hoxe  
vénnos a través do conto: 
"COCORICO". 
Prestade moita atención!

Traemos varias propostas para ver o conto...

- O conto e a receita:
No Ceip Coirón-Dena traballaron este conto e dannos a auténtica receita do biscoito de Cocotico.

- Película en galego:


- En PDF (por se o que queredes é lelo):
              
 
- A canción:

ACTIVIDADES:
- Escoitamos ou lemos o conto en voz alta... (podemos interpretalo poñendo voces).
- Fabricamos unha marioneta de dedo de COCORICO cunha cartolina e un depresor.
- Traballamos actividades sensoriais con diferentes tipos de fariña, co azucre...
- Buscamos as etiquetas ou escribimos os ingredientes do biscoito,posteriormente cociñámolo e por suposto comémolo.  
- Traballamos cantidade e medida.
- Poñemos prezo aos ingredientes e realizamos sumas e restas.
- Debuxamos os pasos que seguimos na receta para logo xogar ordenando as secuencias desas imaxes.
- Podemos facer un colaxe de texturas coas cores cálidas que aparecen no conto.
- Cantamos a canción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario