miércoles, 20 de mayo de 2020

Conto...

Hoxe imos coñecer a historia de Artur e Clementina! 
Algunha vez puxestes moita ilusión nalgo que, ao final, non foi tan emocionante como pensabades? Algo así lles pasou a esta parella de tartarugas cando comezaron a vivir xuntas. 
Clementina tiña moitos plans fantásticos pensados, pero Artur non estaba disposto a que os levase a cabo. 
Queredes saber como foi todo? 
O enlace que aparece a continuación 
levaravos ao conto!: 


Agora que xa coñecedes polo miúdo o seu argumento, imos facer unhas cantas actividades relacionadas con el. 
Aquí van unhas cantas propostas!:
- Clementina tiña a cuncha cargada con varios pisos de obxectos que non lle aportaban nada: un tocadiscos, un cadro, enciclopedias... Que vos parece se lle axudades a que iso cambie? Primeiro, debuxádea nun amplo anaco de papel e decorádea ao voso gusto... 
Se queredes, inspirádevos neste modelo:
- Pensade no que máis vos gusta das vosas vidas. Como vedes no exemplo, poden ter cabida unha flor, os bicos e as apertas dos seres queridos... Collede anacos de papel pequenos, debuxade neles o que se vos ocorreu e escribide o seu nome. Unha vez feito isto, só vos queda pegalos na cuncha de Clementina. Seguro que toda a positividade que lle aportastes vai facer que se sinta moito mellor!
- Apetécevos facer algo un pouco máis manipulativo? Se é así, deixade voar a vosa imaxinación e modelade con plastilina ás tartarugas!  
Tamén podemos representalas con outros recursos da vida cotiá: cáscaras de noces, macarróns, pedras... 
Todo é válido! 
Cando xa teñades feitas as representacións de Artur e Clementina, gustaríanos que nolas amosásedes! 













- Agora que xa tedes feitas as figuras de Artur e Clementina, é un bo momento para dramatizar o conto! A vosa pequena obra de teatro pode respectar o fío do argumento orixinal ou inventar un final alternativo.  
- E por último... movede o esqueleto ao ritmo da canción que aparece no seguinte vídeo. 
Inventade coreografías, cantádea... 
Pero sobre todo...Desfrutade!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario