miércoles, 13 de mayo de 2020

LEGOS

Seguro que pola casa case tod@s, por non dicir tod@s, tedes legos.
Pois ben, o reto de hoxe é trasladar o recuncho da biblioteca creativa para a casa e deixar voar a nosa imaxinación.


A actividade consiste en facer un pato con 6 pezas de lego.
(Fixádevos nas pezas que precisamos)
Sinxelo non?




Sorprenderíanos ver a cantidade de resultados diferentes cos que nos atopamos. Case tantos como persoas que o fagamos.
Esta fiestra está aberta para amosar as vosas creacións. 

Para complicar un pouquiño máis a actividade deberemos reproducir a figura que vos damos como modelo.
Lembrade que ten que ser exactamente igual, polo que deberedes de concentrarvos e prestar moita atención...

Xa sabedes... esperamos fotos do traballo.
(Foto da creación propia e foto do modelo)

Algúns de vós xa fixéchedes unha actividade parecida na biblioteca do cole... Lembrades?

No hay comentarios:

Publicar un comentario