viernes, 26 de febrero de 2021

Aniversarios FEBREIRO

 

Os nosos mellores desexos
para o alumnado 
           que cumpriu 4 anos.                
                         


Este mes foi:

MAURO


Escornabot

Dentro do material que elaboramos este trimestre para abordar o proxecto da Antártida, non podía faltar un taboleiro para xogar co escornabot.


Este material consiste, como acabamos de decir, nun taboleiro con imaxes  e unha serie  de tarxetas con diferentes preguntas relacionadas co tema a tratar. Por ex:

Que come a balea azul?

Cal é o pingüín máis grande?

...

Primeiro teremos que respostar á pregunta que nos toque

para logo axudar ao escornabot a chegar ata á imaxe correspondente.

Ademais de conceptos relacionados co proxecto, neste xogo tamén traballamos: a lateralidade, a observación e concentración, conteo, cores, conceptos relacionados co espacio (arriba-abaixo, diante-detras)...

Día de Rosalía

O mércores, 24 de febreiro 

celebramos 

o Día de Rosalía.


Durante parte da semana, estivemos coñecendo un pouquiño a esta escritora galega e facendo algunha que outra actividade relacionada con ela.

Tamén traballamos estos versos recollidos de dúas poesías de CANTARES GALLEGOS e de FOLLAS NOVAS repectivamente.


lunes, 22 de febrero de 2021

Xogo de parellas

Nesta ocasión,
invitámosvos a poñer a proba a memoria 
con este divertido xogo de parellas 
relacionadas con animais 
que viven no polo Sur... ou non!!!


O xogo, tamén nos sirve para: recordar os nomes dos animais, porque letra empezan, diferenciar cales viven na Antártida e cales non...

Anímaste a xogar? 😛😛😛

                    

viernes, 19 de febrero de 2021

Traballos do ENTROIDO...

Ao longo da semana pasada estivemos a facer uns traballos relacionados co Entroido e coa temática que nos ocupa este segundo trimestre.

Para festexar este tempo e ademais relacionalo co proxecto no que andamos, decidimos facer as seguintes manualidades:

 Un diadema de pingüín e de foca:

 Primeiramente escollemos que animal queremos facer: foca ou pingüín.

 Picamos as partes que nos corresponden:



 E o resultado final:


Este xoves,  posamos e ... así de guap@s estabamos:
Aula de 3 anos A:
Aula de 3 anos B:

              🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧

 ➤ Unha careta de oso polar:

 Picamos a cara do oso polar:



 Unha vez que a temos picada pegamos anacos de papel hixiénico con cola.


 Cando xa temos a cara seca, pegamos con silicona o fociño e o depresor para poder agarrar a careta.
(Para o fociño empregamos tapóns de leite reciclados).


Hoxe venres, posamos así de simpáticos:
Aula de 3 anos A:
Aula de 3 anos B:

Conta peixes! 🐟 🐟 🐟 🐟 🐟

O xogo consiste 

en contar cantos peixes

comeu cada pingüín.



Para completar a actividade deberemos asociar a cantidade  con diferentes materiais: pompóns, tapóns, cubos multibase, peixes, pinzas...



viernes, 12 de febrero de 2021

Entroido 2021 🎊 🎉 🎊 🎉

... E CHEGOU O GRAN DÍA...

Hoxe, venres día 12, celebramos un ENTROIDO sobrio, sen moita floritura...

Botamos a andar a nosa imaxinación
         e transformámonos 
               no personaxe desexado 
                         para vivir unhas horas 
                                de fantasía e alegría.

E sen máis dilación, este foi o resultado  do día:



... e para ver o noso desfile virtual preme na imaxe:

Tamén o podedes atopar na páxina web do cole.

Recompilamos os MANDATOS DO MECO

Deixamos a reportaxe fotográfica dos MANDATOS DO MECO deste ano:

LUNS:

O luns querémoste ver
con algunha
roupa do revés.

MARTES:
O martes a cabeza cubrirás
con gorro, perruca...
Tamén se o desexas, adornala poderás.


MÉRCORES:
Mércores con bufanda ou gravata
faremos moita graza.
 

XOVES:
O xoves "molarás" con zapatos diferentes.
Ou calcetíns coloridos, rechamantes e atrevidos.

Secuenciación

Imaxes de secuencias  
do nacemento de un pingüín.
O xogo consiste en poñer en orden as accións que nos amosan as imaxes e así traballar a habilidade para percibir a sucesión de feitos no tempo, neste caso, o proceso de encubación e nacemento das crías dos pingüíns.
Este xogo permite ao alumnado mellorar a súa capacidade de ordenar secuencias e polo tanto de favorecer a súa estructura mental.
Ao traballar a organización temporal estamos axudando a:
- Comprender que as situacións teñen unha orde.
- Desenvolver a atención e a percepción visual.
- Estimular a intelixencia.