viernes, 19 de febrero de 2021

Traballos do ENTROIDO...

Ao longo da semana pasada estivemos a facer uns traballos relacionados co Entroido e coa temática que nos ocupa este segundo trimestre.

Para festexar este tempo e ademais relacionalo co proxecto no que andamos, decidimos facer as seguintes manualidades:

 Un diadema de pingüín e de foca:

 Primeiramente escollemos que animal queremos facer: foca ou pingüín.

 Picamos as partes que nos corresponden:



 E o resultado final:


Este xoves,  posamos e ... así de guap@s estabamos:
Aula de 3 anos A:
Aula de 3 anos B:

              🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧🐧

 ➤ Unha careta de oso polar:

 Picamos a cara do oso polar:



 Unha vez que a temos picada pegamos anacos de papel hixiénico con cola.


 Cando xa temos a cara seca, pegamos con silicona o fociño e o depresor para poder agarrar a careta.
(Para o fociño empregamos tapóns de leite reciclados).


Hoxe venres, posamos así de simpáticos:
Aula de 3 anos A:
Aula de 3 anos B:

No hay comentarios:

Publicar un comentario