martes, 22 de junio de 2021

Cerramos por vacacións!!!



Pois isto remata,
 chegamos 
ao final de curso...




... imos 

repoñer forzas 

e esperámosvos 

o curso que ven.






Vémonos en setembro!!!

Bo verán 😍😍😍😎😎💗💗💗

ANIVERSARIOS VERÁN

 Queremos desexar os nosos PARABÉNS 
ao alumnado que está 
de aniversario 
nos meses 
de xullo e agosto.




ICÍA E LUCA
OLIVIA, GISELE, IDAIRA E ALBA

lunes, 21 de junio de 2021

Finalizamos proxecto con "ARTE"...

Rematamos proxecto, trimestre e curso.

Eso si... facémolo con moita ARTE!!!

De seguido, podedes ver nesta selección de imaxes, todos os pasos que seguimos para conseguir o acabado da nosa portada de Oceanía.

Técnicas que empregamos:

🌊 Augada: (facemos o ceo con acuarelas).


🌊 Esponxado: (pintamos o mar con témperas.


🌊 Picado: (con goma eva elaboramos o sol).



Resultado final:



E para finalizar, posamos cos nosos traballos...



Parabéns, moi  bo traballo!!!
👏👏👏👏👏👏👏

Recortes ✂✂✂✂✂

Nesta entrada recollemos en imaxes, unha pincelada de diversas actividades que traballamos nos distintos recunchos da aula, onde tratamos e aprendemos diferentes conceptos a través da investigación e do xogo.


😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍😍

jueves, 17 de junio de 2021

ANIVERSARIOS XUÑO

PARABÉNS 

a todo o alumnado 

que está de aniversario 

este mes.



AROA

ARTAI

PAULA

Este proxecto precisa un pouco de música...

Ademais de divertirnos e coller un pouco de ritmo coas cancións dos KOALAS, estas servíronnos para traballar outros contidos e habilidades:

- A lecto-escritura:

- A psicomotricidade fina (exercitamos os dedos...)


Outro animal que estivemos investigando foi o CANGURO, ao que tamén lle adicamos este espazo:

-Psicomotricidade grosa (facemos movementos con todo o corpo)


... e tamén percusión corporal

lunes, 14 de junio de 2021

Bingo de primavera

A principios da estación, elaboramos para material de aula, un bingo con imaxes relacionadas coa  primavera  para traballar: vocabulario en galego e castelán, a atención, observación, conteo, formas, cores...


A verdade e que lle sacamos moito proveito durante todo o trimestre.


Mirade o que nos deixaron...

Durante uns días na aula estivemos a observar un material que nos prestaron... 

chegado directamente dende Australia:

un boomerang e un didgeridoo

Do boomerang xa tiñamos falado noutras ocasións e feito diferentes actividades inclusive sirveunos para levar á practica a arte aborixe australiana, pero deste instrumento de vento con nome tan raro... non sabiamos nada. 

Así que puxémomos en marcha para obter algunha información que acabara coa nosa curiosidade e isto foi, en resumo, o que atopamos:

- Como se fabrica este instrumento: O DIDGERIDOO



- Como se toca, como soa e algunha que outra curiosidade:

Agora xa sabemos algunha cousiña máis...

domingo, 13 de junio de 2021

CAMIÑO DE SANTIAGO...

Nas aulas de 3 anos participamos no Plan PROXECTA que está a desenvolver o profesorado de E.F.

"O camiño de Santiago paso a paso"


Dende fai algunhas semanas
estamos a realizar un simulacro 
do Camiño Inglés 
(Andaina 
Ferrol - Santiago
adaptando as etapas 
nun pequeno percorrido polo patio).



Ao rematar gañaremos a nosa compostela .


Durante cada etapa facemos un tramo do camiño: observando no mapa dende onde partimos e ata onde chegamos, como é a andaina de dura: se hai moitas subidas e baixadas, a distancia en kilómetros, ...



Investigamos e buscamos diferente tipo de información en distintos formatos: 
na web, 
a través do código QR, 
en mapas, 
en folletos
...



Tamén iremos escribindo na nosa credencial do peregrino o punto de chegada e marcando o tramo que estivemos a facer cada día.


Este foi o resultado.


Partimos do Km. 0 (Ferrol)


Ata chegar ao noso destino o Km. 121,5 (Santiago de Compostela) onde gañamos a nosa COMPOSTELA.


Tamén vos deixamos unha reportaxe desta aventura que durante uns días estivemos a facer polo exterior do centro, como auténticos peregrinos.

Rematamos esta aventura visitando o albergue de peregrinos que se atopa ao lado do noso cole e unha pequena andaina pola rúa de Telle (desvío do camiño para chegar a dito albergue), repoñemos forzas merendando no parque e volta para ao cole.


martes, 1 de junio de 2021

Máis animais de Australia...

Durante estas semanas tamén estivemos investigando sobre os animais que viven en Oceanía. 

Nesta entrada deixamos información sobre o DINGO e o CANGURO. Este foi o traballo que fixemos e que posteriormente expuxemos na cortiza do noso proxecto. 

- DINGO:

    3 anos A                               3 anos B



- CANGURO:
      3 anos A                           3 anos B