miércoles, 27 de noviembre de 2019

ANIVERSARIOS NOVEMBRO


PARABÉNS  
AOS QUE ESTIVERON 
DE ANIVERSARIO
NESTE MES.


LUNA

MARTINA

















ABEL

JORGE
LEO
EVAN
ALICE

martes, 26 de noviembre de 2019

Acto 25 N


LUNS 25 DE NOVEMBRO

Actos do día:

- Entrega dunha pegatina






-Ás 10:40h. reúnese no patio cuberto todo o alumnado e profesorado do centro  para a lectura dun breve manifesto e gardar un minuto de silencio.

Ao longo  da mañá traballamos sobre a historia de 
"El lápiz mágico de Malala".

viernes, 22 de noviembre de 2019

25 N.



O luns día 25 de novembro 
é o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Este curso escolar no proxecto da biblioteca estamos a traballar arredor de Asia. Este ano pretendemos coñecer un pouco máis a MALALA YOUSAFZAI, loitadora polos dereitos das mulleres. Para aprender un montón sobre esta nena asiática podedes consultar a aula virtual do cole. 

Para acceder só tendes que picar na imaxe:

Nas aulas de infantil  veremos o vídeo: 
"El lápiz mágico de Malala" 
e traballaremos sobre esta historia.

jueves, 21 de noviembre de 2019

Arte

Nas aulas de 5 anos, no noso recuncho creativo utilizamos diferentes técnicas e materiais.



Coa chegada dun xirasol a unha das aulas de infantil aproveitamos para observar o cadro "Os xirasoles" de Van Gogh e atrevímonos...
 a facer "unha réplica"! 
Os materiais empregados foron ceras mandley e acuarelas.




O resultado, podédelo ver na seguinte reportaxe fotográfica:




Tamén puxemos a proba a nosa imaxinación creando un cadro con cores de outono. Nesta ocasión utilizamos  témperas.


En 4º de infantil seguimos aproveitando os recursos que nos oferta a contorna. Calquera momento é bo para aprender e como estivemos observando e falando dos fenómenos atmosféricos, dedicamos algunha sesión a facer unha nube con material de refugallo para logo pintala coa técnica do esponxado.
Quedounos moi "chula":

Con ela seguimos ambientando a nosa aula.

martes, 19 de noviembre de 2019

Recta numérica

Traballamos o conteo usando a recta numérica que temos no chan da aula, tamén conceptos como: maior que-menor que, anterior-posterior, igual que, entre...

Xogos educativos

Empregamos diferentes ferramentas para aprender. 
Nesta sesión utilizamos as tablets para traballar: 
a grafía, o conteo e a orientación espacial.





lunes, 18 de noviembre de 2019

Sesión de "plasti"

A maniulación de plastilina axúdanos a mellorar a concentración, desenvolver a imaxinación, a creatividade e como non... a psicomotricide fina (forza dos músculos, destreza e axilidade dos dedos...).
Podémolo considerar como un paso previo á escritura.
"Amasando, amasando
a nosa forza imos mellorando".

viernes, 15 de noviembre de 2019

Conteo

En 5º de infantil tamén estivemos experimentando co escornabot.
Traballamos lateralidade, adiante, atrás, conteo, cores ... 
Nesta sesión o que fixemos foi un poco de lóxico-matemáticas a través da grafía e o conteo.


Aprendemos co escornabot

Estreamos o taboleiro de elaboración propia referente ao espazo.
Nas aulas de 6º de infantil seguimos aprendendo moitas cousas sobre este proxecto, nesta ocasión, incorporando as novas tecnoloxías á nosa aprendizaxe.


Gaivotas

Todos os días despois do recreo temos visita no patio do cole.
Que boas deben de estar "as faragullas da merenda"!!!
Aproveitamos este momento para observar o comportamento destas aves: como se alimentan, como levantan o voo (posición do corpo...).

Unha vez na aula facemos unha posta en común de todo o que contemplamos.

Con esta actividade pretendemos, entre outros obxectivos: "Inculcar o respecto pola natureza".

Ensartado

En 4º de infantil melloramos a nosa psicomotricidade fina cosendo un colar colectivo de zonchos. 
Tamén traballamos o conteo xa que cada nen@ ten que ensartar 2 castañas.




Decoramos a cortiza con colares de outono.

jueves, 14 de noviembre de 2019

Aprendendo cos recursos naturais

Cos máis pequenos de infantil aproveitamos os froitos que nos achega o nosa contorna para asociar número e cantidade, deste xeito practicamos o conteo e relacionamos a grafía coa súa cantidade...

"PHOTOCALL" do espazo

Momentos divertidos dentro da aula de 5 anos aproveitando o material que vai chegando ás nosas mans.

PHOTOCALL


... E DEMAIS HISTORIAS

miércoles, 13 de noviembre de 2019

O noso pequeno bosque

No mes de outubro,
nas aulas de 3 anos,
 manipulamos e observamos no cole
"O NOSO PEQUENO BOSQUE".

Discriminamos formas, texturas, cores, tamaños, árbores...

Tamén levamos unha pequena mostra da recolleita 
para o RECUNCHO DE OUTONO da nosa aula.

ASÍ DE DIVERTIDO
APRENDEMOS...
NO CASTRO BAXOI!