sábado, 29 de enero de 2022

Semana da Paz


O día 30 de xaneiro conmemoramos 
o Día Escolar DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.




Durante toda a semana estivemos con tarefas relacionadas con dita temática.

Para a cortiza do corredor estivemos decorando unha pomba con diferentes técnicas, nalgún caso tivemos que facer un traballo previo: 

💕 Decorar os discos de algodón que iamos a empregar:

💕 Obter lascas de ceras:

💕 Recortar anacos de papel e plumas:


Para logo poñernos mans á obra traballando a artística ...
🌿- Pintado e purpurina

🌿- Cubrindo con lascas de ceras:

🌿- Recheo con pompós:
🌿- Con anacos de papel de charol:

🌿- Con papel de seda:

🌿- Discos de algodón:

🌿- Plumas:

🌿- Brillantes:

Finalizamos a nosa obra de arte facendo unha serie con corazóns:

E para rematar esta tarefa só nos queda a foto de grupo co traballo realizado:



Outros retos que se nos presentaron durante esta semana foron:
🍃 Plasmar de forma individual a pomba que elaboramos de xeito colaborativo todo o  grupo, e como? ... pois a través dun debuxo.




🍃 Modelar con platilina a palabra PAZ.




🍃 E como non podía faltar a música, tamén estivemos a escoitar...
A Danza da Paz de Mamá  Cabra
Recollido en youtube de picarxsdoscastros

miércoles, 26 de enero de 2022

Colgador

Achégase o 30 de xaneiro, para este día deseñamos un colgador para a porta con motivo do DÍA DA PAZ.

A tarefa que estivemos a realizar estes días foi: decorar dito colgador, picar e escribir a data e o día que conmemoramos.

Deixamos a reportaxe fotográfica con todo o proceso do noso traballo:



Resultado final:


lunes, 24 de enero de 2022

Investigamos cos xeoplanos

Exploramos, imaxinamos e investigamos cos xeoplanos. O reto desta semana era debuxar coas gomas: números e letras.

Rematamos a tarefa con xogo libre.


Tivemos visita!

O venres veunos a visitar Andrea, a mestra en prácticas, que estivo algunhas sesións na nosa aula  durante o primeiro trimestre.

Inmortalizamos o momento:😜

Botarémoste de menos. Moita sorte!

viernes, 21 de enero de 2022

Xogos de inverno

Estes días estamos tratando o INVERNO tanto nos traballos de mesa como nos recunchos e nos xogos. Deixamos uns exemplos de diferentes actividades que estivemos a facer.

Modelamos con plastilina tendo en conta a temática de inverno:


Xogos de lóxico-matemática:
Empregamos cartas para traballar: a concentración, a atención, o conteo e a relación cantidade-número... entre outros.
Tamén utilizamos etiquetas con motivos de inverno para incidir na grafía e na cantidade, a través da observación e do conteo. Con este xogo tamén melloramos a motricidade fina, e máis concretamente a prensión, con estes exercicios de pinza dixital.

martes, 18 de enero de 2022

Sorpresa!!!

Empezamos ano cunha gRata soRpResa...

nas aulas de 4 anos en vacacións de Nadal deixáRonnos uns Regaliños:

E como non podía ser doutro xeito,nese mesmo intre empezamos a manipular, investigar e aprender con eles.




Tamén deixamos outras imaxes onde traballamos a psicomotricidade fina...

Manipulamos a plastilina de forma libre e esculpimos o que se nos pasa pola imaxinación.


Recortamos de maneira guiada e libre.