jueves, 28 de octubre de 2021

Elaboración do noso castañeiro

Estamos na época das castañas 

e este curso para non perder o costume 

elaboramos un castañeiro exclusivo

para  a posterior degustación deste froito  

cando celebremos o MAGOSTO.

Nesta ocasión, o deseño consiste en cubrir un "brik" de leite ou zume con follas recollidas na arboreda do cole.

Este foi o proceso:

- 👀 Cola

👀 Follas 

👀 ... e máis cola 

O resultado... 

este orixinal cesto!!!

Decorando as portas... 🎃👻🎃👻🎃


Tamén preparamos a decoración das  portas...

... con motivos de SAMAÍN.



Deixamos unha reportaxe fotográfica desta actividade tan outonal:



O resultado final:



viernes, 22 de octubre de 2021

Un conto de medo!!! 👻 💀 👀

Chega o SAMAÍN...

e seguindo as indicacións do equipo de dinamización da lingua galega (EDLG), este curso, o reto é... 

elaborar entre tod@s un relato viaxeiro de terror.

(mellor dito un relato por línea, é dicir, un relato que vai de aula en aula polo grupo A e outro polo grupo B)

Cada curso ten asignadas 2 follas do libro.

O resultado das nosas aulas de 5º de infantil é:

👀 Para o grupo A:





👀  Para o grupo B:





Cando estes dous contos viaxeiros pasen por tódalas aulas, poderédelos ver rematados no blog de "poemiños polas letras".


martes, 19 de octubre de 2021

Que bichos tan divertidos!!!!

Decoramos as paredes do cole con estes animais de outono propios da nosa fauna. 

Para dito fin, utilizamos as follas que recollemos na zona de árbores do noso patio.

Así de orixinais quedaron os nosos animais!!!

Escollemos 2 animais propios das nosas fragas(ourizo e moucho), e cada equipo encargase de facer un animal: picamos, cortamos, coloreamos, pegamos follas...

O resultado da actividade:

🍁🌿🍂Proceso  da elaboración do moucho:

🍁🌿🍂Proceso do ourizo:



🍁🌿🍂Resultado final:

   
🍁🌿🍂Posando:

viernes, 15 de octubre de 2021

Chegou o OUTONO!! 🍁🍂🍃

Traballamos a estación do ano na que nos atopamos.

Primeiramente facemos unha investigación de campo, para iso, saímos ao exterior a observar: a paisaxe, as cores, as follas, ás árbores (cales teñen follas e a cales lles están caendo)...

A nosa seguinte misión é facer unha recolleita de follas e froitos que atopamos no bosque do noso cole, para logo facer unha clasificación co seu correspondente etiquetado.

Nesta actividade estamos a traballar a contorna, a psicomotricidade fina e grosa, a lecto-escritura e conceptos lóxico-matemáticos.

Deixamos a reportaxe fotográfica:

🍁Obsevando e recopilando follas e froitos que atopamos na zona do arboredo:


🍁 Clasificando:



🍁 Etiquetado:



🍂🍂🍂🍂🍂🍂 🍁🍁🍁🍁 🍂🍂🍂🍂🍂🍂

lunes, 4 de octubre de 2021

O noso experimento: Volcán en erupción!

Convertímonos en pequenos científicos por un momento para levar a cabo un magnífico experimento.

O obxectivo é espertar o noso volcán que previamente modelamos con plastilina e que nestes intres está "inactivo".

Como decimos, primeiramente modelamos e decoramos o noso volcán que xa amosamos en entradas anteriores.

Material que precisamos para esta tarefa:



A experiencia saiu ben e conseguimos que o volcán entrara en erupción. 
Foi todo un éxito!!!

Vexamos o proceso en imaxes:

- Colorante

- Xabón

      

- Vinagre

- Bicarbonato

 E o resultado de mesturar todo isto é...

VOLCÁN EN ERUPCIÓN!!!