miércoles, 31 de marzo de 2021

viernes, 26 de marzo de 2021

Os nosos traballos

Rematamos trimestre e proxecto. Así de orgullosos posamos cos nosos traballos de mesa.



Tangram

 Seguimos poñendo a nosa mente a traballar para intentar conseguir diferentes formas con estas pezas de orixe chinés.

Hoxe deixamos 2 formas diferentes de traballar.

Nestas primeiras imaxes o traballo consiste en colocar as pezas enriba do modelo. Esta tarefa, ten a súa dificultade pois hai que coller as pezas axeitadas e colocalas na posición correcta.

A estas idades non resulta fácil porque non teñen ben adquirida a orientación espacial.

(Este tangram é unha variante con máis pezas que o orixinal).


Nestas outras imaxes amosamos diferentes formas que conseguimos a través dun traballo libre, sen seguir ningún padrón.

Xeoplanos

Seguimos explorando as nosas posibilidades cos xeoplanos e descubrimos a cantidade de formas que podemos facer cunhas simples gomas.


Esta é unha actividade que resulta dentro da aula. Os peques xunto coa psicomotricidade tamén traballan a imaxinación e resúltalles entretido, despertando a súa curiosidade e o interese pola investigación.

miércoles, 24 de marzo de 2021

Día Mundial da auga

Como colofón final ao traballo realizado durante estes meses e aproveitando que o 22 de marzo celebrouse o DIA  MUNDIAL DA AUGA argallamos un experimento súper fácil e divertido...

IMOS FACER NEVE!!!

Rematamos proxecto e despedimos o inverno cunha actividade que ten moito que ver coa temática que estivemos a tratar durante este trimestre.  

➽ Material que precisamos:

Unha cubeta para mesturar

Unha cunca

- Bicarbonato

- Xel

- Unha culler

- Unha bandexa


➽ Medidas:

- 3 medidas de bicarbonato sódico
-  1/2 medida de xel

 O proceso deste experimento en imaxes:

- Engadimos ingredientes


- Mesturamos ben


- Traspasamos a neve dun recipiente a outro             (simulando que está nevando)

- Manipulamos e facemos figuras con ela


Nesta actividade, ademais de facer maxia e de poder conseguir un acabado moi similar á neve, traballamos a medida e os sentidos ( olfato, gusto e tacto).
Experimentamos texturas e diferentes sensacións a través da transformación que xurde de unir o xel e o bicarbonato.
Tamén aproveitamos para facer a inicial do noso nome...




👀                       Tamén, a través  
da observación e a investigación
 percatámonos da transformación 
da auga...
Nesta tarefa vemos o paso do estado sólido ao líquido

Conceptos que tratamos: sólido-líquido, frío-calor, duro-brando, seco-mollado, grande-pequeno...

😆 Manipulamos e reflexionamos sobre as sensacións que nos produce ...


😃Tamén nos divertimos un pouco e xogamos co xeo e a auga.


Como mensaxe final: Debemos inculcar a importancia da auga nas nosas vidas e promover o aforro desta nas nosas accións diarias.

Os pingüíns A, E, I, O, U.

 Hoxe toca 

un xogo 

de lecto-escritura.



Na sesión de hoxe estivemos a traballar as vogais cuns amigos moi especiais:
o pingüín Ao pingüín Eo pingüín Io pingüín Oo pingüín U.


Primeiro tíñamos que descriminar a vogal indicada e logo colocala na barriga do pingüín correspondente.

Outra variante sería lanzar o dado das vogais, verbalizar a que nos saiu para logo seleccionar o tapón con esa vogal e colocala na barriga do pingüín correspondente.

Rematamos traballando conceptos matemáticos: contamos cantos tapóns temos coa letra A, coa E, coa I , coa O e coa U. Vemos onde hai máis, onde hai menos e onde hai igual....

lunes, 22 de marzo de 2021

Creamos con plasti!!!

O obxectivo desta actividade é mellorar a forza da man e máis concretamente dos dedos a través da prensión, ademais tamén se pretende desenvolver a creatividade e a imaxinación.

O reto consistía en crear diferentes animais que viven tanto no Polo Sur como no Polo Norte, a través do modelado de plastilina.

Estas foron algunhas desas esculturas:


Pingüíns, focas, morsas, balenas azuis... 
foron algunhas destas creacións tan especiais.

Recalcar, unha vez máis, a importancia de traballar a psicomotricidade fina nestas idades con diferentes materiais e recursos, nesta ocasión empregamos a plastilina.

Poesía

 21 de marzo

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Como non podía ser doutra forma, dentro dos nosos traballos de mesa, tamén adicamos unha sesión a coñecer unha poesía sobre o pingüín.


Na actividade, ademais do recitado

e a xestualización da poesía, 

tamén descriminamos o fonema A 

e a textura

 (nesta ocasión pegamos discos de algodón 

na barriga do pingüín 

para conseguir un tacto suave).

viernes, 19 de marzo de 2021

Conto: "Con Tango son tres"

Hoxe traemos un conto onde se trata o tema da inclusión a través duns protagonistas que levamos coñecendo todo este trimestre.

En "Con Tango son tres" abarca os distintos tipos de familia que podemos atopar na sociedade actual.

Unha historia para ensinar que o amor pode presentarse de formas diferentes.

jueves, 18 de marzo de 2021

Un pouco de música... NUNCA VEN MAL!!! 🎶🎵🎶

Nesta andadura atopámonos con dous personaxes que nos gustan moito. Estámonos a referir a dúas focas moi divertidas que nos alegran en diferentes momentos ao longo da maña.

- La FOCA RAMONA:

- La FOCA MARISOL:


Deixamos as letras 
coas nosas propias versións...
😉😉😉


Un pingüín moi particular!!! 🐧🐧🐧

Elaboramos a portada para o nosos traballos do proxecto "O inverno e a Antártida".

Estes son os pasos que seguimos:

- Picamos o corpo:


- Picamos o peteiro:


- Pegamos todas as partes do corpo con silicona e unha vez que o temos montado decoramos con 3 folerpas.


- Rematamos a actividade facendo unha pequena exposición da nosa manualidade.