viernes, 12 de marzo de 2021

Xogo das etiquetas


Na entrada que nos ocupa prestámolle atención á lecto-escritura e para iso centrámonos noutro dos xogos que elaboramos para este proxecto: uns pictogramas cunha serie de etiquetas para traballar o vocabulario relacionado co tema a tratar.
A actividade consiste en asociar, identificar a etiqueta e colocala no pictograma correspondente.
Con estes pictogramas tamén repasamos os animais polares, lembrando a que polo pertencen.
Os que teñen o punto vermello son os animais que viven no Polo Norte, os do amarelo atopámolos tanto no Polo Norte como no Sur e os do gomet verde corresponden aos animais que pertencen ao Polo Sur.

Así de concentrados traballamos:



No hay comentarios:

Publicar un comentario