sábado, 6 de marzo de 2021

O TANGRAM...

Este, é un material de aula ao que lle sacamos moito partido, xa que a través da súa manipulación empregámolo para  traballar formas, cores, tamaños...

Experimentando con este xogo de orixe chinés, composto por 7 pèzas xeométricas, poderémos desenvolver ademais do razoamento lóxico... a psicomotricidade, a creatividade e potenciar o sentido da orientación.

Son múltiples as actividades que podemos facer: ordenar os triángulos por tamaños, crear un cadrado con 2 pezas, colocar as pezas sobre o padrón ata formar a figura indicada, imitar o modelo sen sobrepoñer as pezas no padrón... Ou simplemente manipular as pezas e facer os nosos propios deseños.

Esta foi a nosa primeira toma de contacto na aula durante esta semana:

No hay comentarios:

Publicar un comentario