lunes, 1 de marzo de 2021

Imos de pesca! 🐠

Temos uns pingüíns moi famentos e ademais moi exquisitos, xa que só comen o peixe coa letra que teñen na barriga. Nós teremos que pescar por eles e darlles a súa comida.

O xogo que presentamos hoxe é para traballar as nosas habilidades, a percepción e a lecto-escritura.


Material:

- Cartóns con pingüíns que teñen debuxada unha letra na súa barriga .

- Peixes cunha letra.

- Peixeira e cana de pescar.

O xogo consiste en que por quendas, deberemos de botar a cana na peixeira para pescar un peixe, unha vez que sabemos que letra contén, daremos de comer ao pingüín que teña esa letra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario