viernes, 12 de marzo de 2021

Ideamos un xeoplano

As matemáticas poden chegar a ser moi divertidas, sobre todo, se propoñemos material manipulativo para chegar a entendelas a partir da experimentación. Se a isto sumámoslle que dito material elaborámolo nós, creamos maior interese.

Por este motivo invitámosvos a crear un xeoplano caseiro cos vosos fillos.

ANIMÁDESVOS?

Deixamos un exemplo que podedes seguir para crear o voso propio xeoplano.

Material que precisamos:

·         Taboleiro cadrado (madeira de 20 x 20 cm. por ex.)

·         Cravos (tantos como puntos da cuadrícula. Para unha cuadrícula de 5x 5= 25 cravos). 

·         Folla cuadriculada.

·         Lapis.

·         Martelo.

·         Gomas elásticas e/o corda.

 Prema na imaxe e poderás obter algunhas ideas máis:


A base pode ser de cartón, cortiza, madeira, polispán...
 Deixamos tamén un ex. dunha cuadrícula:

E uns enlaces para obter padróns descargables:

Debuxos e números

Formas e debuxos Montessori 

Abededario


💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢

👀 Propoñemos diferentes retos para ir facendo pouco a pouco:

O primeiro reto será crear o xeoplano.

O segundo reto: manipular e xogar libremente coa base e as gomas facendo composicións libres.

O terceiro reto: elaborar creacións propias e poñerlles título para dar prioridade á creatividade.

O cuarto reto: Imitar diferentes padróns.

quinto reto: dar ordes para facer algunha letra, número ou forma básica e así comprobar se a coñecen.

O  sexto reto: intentar facer simetrías.

💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢💢

PARA CONCLUIR:

Con este material traballamos a psicomotricidade fina, especialmente a forza nos dedos. Tamén traballamos a concentración , observación, coordinación óculo-manual, conceptos matemáticos (entre outros)... e como non, a imaxinación dependendo se seguimos un padrón ou non.



No hay comentarios:

Publicar un comentario