miércoles, 24 de marzo de 2021

Día Mundial da auga

Como colofón final ao traballo realizado durante estes meses e aproveitando que o 22 de marzo celebrouse o DIA  MUNDIAL DA AUGA argallamos un experimento súper fácil e divertido...

IMOS FACER NEVE!!!

Rematamos proxecto e despedimos o inverno cunha actividade que ten moito que ver coa temática que estivemos a tratar durante este trimestre.  

➽ Material que precisamos:

Unha cubeta para mesturar

Unha cunca

- Bicarbonato

- Xel

- Unha culler

- Unha bandexa


➽ Medidas:

- 3 medidas de bicarbonato sódico
-  1/2 medida de xel

 O proceso deste experimento en imaxes:

- Engadimos ingredientes


- Mesturamos ben


- Traspasamos a neve dun recipiente a outro             (simulando que está nevando)

- Manipulamos e facemos figuras con ela


Nesta actividade, ademais de facer maxia e de poder conseguir un acabado moi similar á neve, traballamos a medida e os sentidos ( olfato, gusto e tacto).
Experimentamos texturas e diferentes sensacións a través da transformación que xurde de unir o xel e o bicarbonato.
Tamén aproveitamos para facer a inicial do noso nome...




👀                       Tamén, a través  
da observación e a investigación
 percatámonos da transformación 
da auga...
Nesta tarefa vemos o paso do estado sólido ao líquido

Conceptos que tratamos: sólido-líquido, frío-calor, duro-brando, seco-mollado, grande-pequeno...

😆 Manipulamos e reflexionamos sobre as sensacións que nos produce ...


😃Tamén nos divertimos un pouco e xogamos co xeo e a auga.


Como mensaxe final: Debemos inculcar a importancia da auga nas nosas vidas e promover o aforro desta nas nosas accións diarias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario