sábado, 6 de marzo de 2021

Creamos un TANGRAM!

Propoñémosvos unha actividade 

que podedes realizar nas vosas casas. 

Este reto consiste en elaborar o noso propio TANGRAM con  diferente material, ben sexa reciclado ou non: cartón e papeis de cores, coloreando as pezas, cartolinas, goma eva... ou calquer outro material que se nos ocorra.

Deixamos o padrón e un exemplo con goma eva, tamén diferentes figuras que podemos intentar simular na casa.

PADRÓN DAS PEZAS

EXEMPLO DE PEZAS FEITAS CON
GOMA EVA


PADRÓNS A SEGUIR

Outro reto será poñer a proba a nosa imaxinación e ver que somos capaces de construir con estas 7 pezas que configuran o TANGRAM.

Se vos animades a xogar na casa, podedes mandarnos as vosas creacións a sorrisosdobaxoi@gmail.com para expoñelas no blog.

De seguido, un exemplo dun TANGRAM que fixemos con goma eva estes días na aula :

Lembramos que ao xogar co Tangram desenvolvemos diferentes capacidades:

- Coñecementos de lóxico-matemática.

- A creatividade.

- A orientación e estructuración espacial.

A percepción visual.

- A concentración.

- A coordinación visomotora.

- A atención.

No hay comentarios:

Publicar un comentario