sábado, 31 de octubre de 2020

SAMAÍN


O 31 de outubro celebrase 
o SAMAÍN 
festividade de orixe celta.



Os antigos pobos celtas realizaban unha gran ceremonia para conmemorar o final da colleita. Esta celebración tiña lugar a finais do mes de outubro. Esta festa foi bautizada como "Samhain" que significa "final do verán".
Durante esta semana estivemos a traballar este día con cancións, contos, xogos... e algún que outro traballo de mesa.
De seguido vos mostramos algunha das actividades que fixemos:

- Xogos: Bingo e memori.



- Plastilina: Monstros divertidos.


- Traballos de mesa: Decoramos cabaza e debuxo de terror.


- Participamos no IV Certame de debuxos de terror proposto dende o equipo de normalización lingüística e esta é unha exposición de todas as clases de educación infantil:
Preme no icono para ampliar a imaxe.

- Tamén vos deixamos un genially que atopamos na rede con diferentes recursos sobre o Samaín... por se vos animades a  interactuar con el na casa.
Realizado por Martuky PF

martes, 27 de octubre de 2020

Primeiras experiencias na aula

Deixámosvos algunhas imaxes xogando nos diferentes recunchos da aula no período de adaptación .

Na aula de 3 anos A:





E agora na aula de 3 anos B:

No recuncho da cociña

No de lóxico-matemáticas e quebracabezas

No de construcións

No de lecto-escritura e biblioteca


E un poquiño de creatividade...


Estes foron os nosos primeiros contactos coa aula e cos novos compañeir@s nesta nova etapa que comezamos.



sábado, 24 de octubre de 2020

Elaboramos material

Nos nosos primeiros días de cole axudamos a elaborar material, estivemos a pintar uns números de madeira e tamén reciclamos uns taboleiros de quebracabezas (aos que lle faltaban pezas) e que utilizaremos como base para traballar series e códigos con pompóns.
Este foi o resultado:

- Pintamos os números para facer a nosa caixa de conteo e así traballar posteriormente a asociación de número e cantidade.

Caixa de conteo

- Poñemos en marcha a nosa creatividade para reutilizar os taboleiros:

Código

Só nos queda prestar atención 
e resolver según nos indique o patrón a seguir.


Serie



                    
Tamén elaboramos un taboleiro para o conteo e a identificación de grafía e cantidade.

viernes, 23 de octubre de 2020

Asemblea

Cada mañá despois da rutina de quitar  mochilas e chaquetas, do lavado de mans e poñer os mandilóns... comenzamos coa ASEMBLEA.

Se todos os momentos en educación infantil son fundamentais, a ASEMBLEA, é uns dos que máis a nivel de aprendizaxe, podemos considerala como unha das rutinas máis relevantes pola cantidade de tarefas que realizamos nesta, e como non, pola importancia de cada unha delas.

A ASEMBLEA é a primeira actividade da mañá e é esencial tela presente nas nosas tarefas diarias porque:

- Axúdanos a alcanzar os obxectivos e contidos.

-  A adquirir e desenvolver as Competencisas Básicas.

- Vital á hora de traballar normas.

-  Axúdanos a averiguar os coñecementos previos do alumnado.

- Desenvolvemos a estruturación temporal...

Deixámovola en formato dixital por se vos animades a facela dende a casa ( no caso do alumnado que por diferentes motivos non poidades asistir ao cole).

Nela pódense atopar unha serie de recursos que traballamos diariamente como: saúdamos, encargad@, nen@s que viñeron ao cole e os que quedaron na casa, conteo, que día é hoxe, estación, que tempo vai, como nos sentimos, a nosa cariña...

E· outros que traballamos según o día (abecedario, palabras máxicas, trazo, figuras xeométricas...) porque senon faríase moi longa.

A correspondente á clase de 3 anos A:



E a da clase de 3 anos B:


Animádesvos!!! 😉

miércoles, 21 de octubre de 2020

Imos contar un conto...

Traémosvos un conto cunha temática de máxima actualidade e que consideramos que nos ven moi ben para algunha das mensaxes que queremos transmitir este curso tan especial...

Primeiro vemos o conto na aula e posteriormente facemos algún traballo de mesa relacionado con el. 

Deixámosvos o conto recollido de youtube, para que o vexades cando vos apeteza.

Conto: "Hasta que podamos abrazarnos"


miércoles, 14 de octubre de 2020

Como lavar as mans

Unha das rutinas importantes nas nosas aulas de infantil ao longo da mañá é o lavado de mans... e este ano, este hábito adquire un protagonismo especial.

Deixamos dous vídeos moi didácticos recollidos de youtube que nos poden axudar a realizar unha boa hixiene de mans.

O primeiro vainos indicando paso a paso como lavar dun xeito adecuado as mans.

 

O segundo, é un pouco máis animado...😉😊😆

lunes, 12 de octubre de 2020

Novos SORRISOS...

As mestras Cris, Patri e Adela queremos dar a benvida aos novos "SORRISOS DO BAXOI".

Esta será a nosa fiestra cara ao exterior polo que iremos amosando algúns  traballos que facemos día a día dentro das nosas aulas (traballo de mesa, recunchos, xogos de lóxico-matemática, de lecto-escritura, de psicomotricidade tanto fina como grosa,  plastilina, días especiais...).

Benvidos a tod@s!!!


Grupo de 3 anos A:

Grupo de 3 anos B:

Empezamos esta nova andaina 
construindo as nosas aprendizaxes 
dunha forma lúdica...
 Polo tanto, O XOGO 
será o noso compañeiro de viaxe 
nesta aventura que comezamos con ilusión.