viernes, 29 de abril de 2022

ANIVERSARIOS DE ABRIL

Parabéns ao alumnado 
que festexou neste mes 
que xa ten... 
un aniño máis!!!

PABLO  L.

 LEO

NAIA

miércoles, 27 de abril de 2022

APRENDEMOS ALGUNHAS FLORES...


A finais do mes pasado, (co comezo da primavera), podiamos traer á aula algunha flor: 

🌼 que atoparamos ao ir de paseo

🌼 que tiveramos na casa 

🌼 ...


Con todas: 

🌺 fixemos unha exposición
🌺 debuxamos algunha delas  

🌺 investigamos o seu nome

🌺 ... 




E agora toca recoñecelas e aprender os sus nomes nesta presentación que preparamos:

(Preme na frecha para ir pasando)


lunes, 25 de abril de 2022

LER AO AIRE LIBRO

Estes días tiñamos pensado saír  a ler os nosos contos no exterior, pero o tempo atmosférico non nolo permitiu tantas veces como nos gustaría.

Aí vai unha mostra:


Deixamos outros momentos onde empregamos o "plan B":


MARCAPÁXINAS

Na entrada de hoxe non pode faltar todo un clásico destas datas...

O MARCAPÁXINAS!!!

Foi o traballo de parte da semana anterior, onde puxemos todo o noso "arte" para conmemorar o "DÍA DO LIBRO".

Este ano facendo un guiño ao CAMIÑO DE SANTIAGO.

Estos foron os pasos a seguir para a súa elaboración:

- Picamos o marcapáxinas


- Pintamos con acuarelas o peregrino


- Escribimos o texto
- Facemos unha serie con pintura e bastonciño  no reverso


- Repasamos con rotulador o texto 

E así de fermoso quedou:




domingo, 24 de abril de 2022

CONTO

Ainda que os contos 

forman parte 

da nosa vida diaria 

de aula... 


o venres adicamos a actividade ao "DÍA DO LIBRO" coa lectura do conto: "SI YO FUERA UN GATO""LA CASA DE TOMASA" 


... e a nosa posterior interpretación desta historia plasmada no papel cun debuxo.

O resultado, a continuación:

- "SI YO FUERA UN GATO"


-  "LA CASA DE TOMASA"

            

DÍA DO LIBRO

 


SÁBADO

23 DE ABRIL

DÍA DO LIBRO



Para valorar todo o que podemos atopar nos libros e a maxia que estes desprenden...

poñemos un pouco de música a esta data tan sinalada.

Invitámosvos a bailar...

 cun libro na man!

ANIMÁDESVOS?

sábado, 23 de abril de 2022

CONTO VIAXEIRO

Este venres 22 de abril comezamos a mandar para a casa o  CONTO VIAXEIRO.  

Levarémolo todos os venres e deberémolo devolver antes do xoves,  para deste xeito,  cambialo e poder gozar doutra historia.

Con esta actividade pretendemos fomentar a lectura en familia...

...ademais de traballar valores como: 

- a cooperación

- a importancia de compartir (neste caso, tanto os contos como: as experiencias, a lectura, o amor polos libros...)

- o seu coidado

- a ser responsables

- ...

Pasarémolo xenial en cada aventura!!!

martes, 19 de abril de 2022

CHEGOU A PRIMAVERA

Nesta estación imos aprender os nomes dalgunhas flores desta época...

para iso tomamos como referencia as mostras que  trouxemos en días anteriores á aula .

Animádesvos a xogar e relacionar... 

cada ovella coa súa parella?

Taller de lingua

Na entrada de hoxe colgamos algunhas recomendacións da mestra de A.L. para mellorar a pronunciación e a conciencia fonolóxica...

- Sons da casa e obxectos comúns:


- Sons de animais:


- Sons de transportes:


Deixamos estes vídeos para que xoguedes a imitar estas onomatopeas que lles gustan moito e sonlles de gran axuda.

viernes, 8 de abril de 2022

Despedimos trimestre...

Como remate (antes das vacacións de Semana Santa) levamos para a casa os  traballos de mesa que estivemos a facer nestes meses.



A descansar unha semaniña...
ESPERÁMOSVOS Á VOLTA!

jueves, 7 de abril de 2022

Recursos para estimular a linguaxe...

Deixamos este enlace ao blog de "Sada y sus contornos" recomendado pola mestra de Audición e Linguaxe do noso centro.

Preme na imaxe para navegar ata o blog.


 Esperamos que estes recursos vos sexan útiles.

lunes, 4 de abril de 2022

Actividades mariñas

Posteriormente á nosa saída ao ACUARIO  fixemos un debuxo da fauna mariña que máis nos gustou.

Nas seguintes imaxes podemos ver algúns dos resultados:


Tamén estivemos a formar un quebracabezas de diferentes animais mariños que previamente tivemos que colorear e recortar.






E para rematar coas actividades relacionadas coa visita escollemos algún padrón destes animaliños para facer a silueta e nunha actividade posterior...  pintala con acuarelas!





Así de "chulos" quedaron: