Período de adaptación

A incorporación do nen@ ao cole vai supoñer un cambio importante, xa que implica a súa saída do contorno familiar, onde xa ten un rol definido, para enfrentarse a un mundo descoñecido. Nós temos que axudar a superar este momento de separación e poñer todo da nosa parte para que sexa o menos traumático posible. 

É importante a comunicación entre as partes  implicadas:  familia, nen@s e centro, para ter un coñecemento mutuo e establecer unha relación de confianza que facilite a incorporación ao cole e o desenvolvemento integral do nen@.

A adaptación do alumnado tamén estará relacionado con como viva a familia este momento de separación: os seus temores, angustia, inseguridades, confianza no centro, as expectativas que teñan... todo isto é transmitido e percibido polo pequen@.

Cada nen@ expresa e exterioriza este momento de desapego de forma diferente, pero tod@s necesitan axuda así como adaptarse a esta nova situación, por iso a incorporación ao centro será de forma escalonada  é  flexible.

No seguinte PDF ofrecemos más información sobre este momento na etapa educativa dos máis pequen@s:

    

Ademáis... unhas pinceladas sobre un dos obxectivos prioritarios na etapa infantil: A autonomía.

E como non, tamén os folletos que aportamos ás familias:

- Sobre o período de adaptación:

- Circular de infantil:

No hay comentarios:

Publicar un comentario