martes, 31 de enero de 2023

ANIVERSARIOS DE XANEIRO...

PARABÉNS !!! 
a tod@s os homenaxead@s que este mes 
cumpriron xa... 

                    6 ANOS!!!

KHALEESI
ESTEBAN

IKER
GABRIEL
JAYDEN

lunes, 30 de enero de 2023

DÍA DA PAZ...

                    Hoxe 30 de Xaneiro... 

    Día Escolar DA NON VIOLENCIA E DA PAZ. 

Para este día no cole fixemos diferentes actividades relacionadas coa PAZ e co tema que estamos a traballar este ano no centro... OS OCÉANOS.

Sorrisos pola paz: A semana pasada quitamos unha foto co noso mellor sorriso para pegar na pomba do corredor.



☮ Faro dos desexos: Tamén entre tod@s tivemos que pensar un desexo relacionado con este día e os océanos para logo colocalo no faro conxunto de infantil e primaria. 

Aí vai o destello de 5 anos:


☮ Marea pola PAZ: Hoxe realizamos unha andaina ata a PRAIA GRANDE onde demos paso á lectura dos destellos (Faro dos desexos). 

e logo bailamos ao son da canción de Macaco: " Una marea de gente":

sábado, 28 de enero de 2023

Aprendemos manipulando...

Co diferente material que temos na aula: investigamos, observamos, razonamos, imaxinamos, argallamos... para acadar a solución correcta en cada actividade e momento.




Obxectivo: traballar diferentes habilidades relacionadas co equilibrio, a orientación espacial, con conceptos matemáticos e de lecto-escritura...

Un pouco de exercicio!!!

Nas aulas temos cabida para facer un poquiño de todo, e o outro día ocorréusenos facer un pouco de exercicio mesturado con ioga...



Pasamos un anaco moi divertido. 😅😉

jueves, 26 de enero de 2023

FACÉMONOS PREGUNTAS...

Todo proxecto que se precie comenza con dúas preguntas:

QUE SABEMOS? e QUE QUEREMOS SABER?

En diferentes sesión estivemos traballando sobre estas cuestións e estas foron as nosas respostas:

QUE SABEMOS?

En 5 anos A:



En 5 anos B:



 QUE QUEREMOS SABER?
En 5 anos A:



En 5 anos B:



... e así plasmamos en papel todas as nosas inquietudes:


jueves, 19 de enero de 2023

Proxecto: "LOS PIRATAS"

Comezamos trimestre e polo tanto tamén abarcamos novo proxecto.

Esperamos acadar nesta nova viaxe un tesouro cheo de: ilusións, emocións, peripecias... e como non MOITA SABIDURÏA!!!

Polo tanto familias, precisamos coma sempre a vosa colaboración e esta nota é para vós:

Espermos as vosas aportacións e creatividade... Lembrade que os nen@s deberán de ser quen de contarlle aos seus compañeir@s todo o material que acheguen ao recuncho do proxecto. 

MOITAS GRAZAS!!!

Un pouquiño de lectoescritura...

Nesta entrada amosamos diferentes maneiras de traballar as palabras. 

O reto consistía en formar as palabras: "LOS PIRATAS" e "INVERNO". Para conseguilo recoñecemos e traballamos as diferentes letras que as compoñen, contamos as letras que forman cada palabra, as sílabas...

As letras da palabra "INVERNO" temos que decoralas con tonos fríos e logo picalas para posteriormente colocalas na entrada da aula.

As letras de "LOS PIRATAS" picamos e colocámolas no recuncho do proxecto que nos vai a ocupar este trimestre.

Deixamos a reportaxe fotográfica:






Nos recunchos tamén empregamos diferentes soportes e materiais para fomentar a lectoescritura. Nesta ocasión traballamos maiúsculas e empezamos coas minúsculas.