viernes, 29 de enero de 2021

Aniversarios xaneiro

PARABÉNS PARA TODO 
ALUMNADO QUE
CUMPRIU 4 ANOS 
NESTE MES DE XANEIRO:
   

JAYDEN

IKER


KHALEESI
GABRIEL

Día da Paz...

SÁBADO 30 DE XANEIRO

Día da Non Violencia 

e a Paz.

,



Ao longo de toda a semana estivemos a traballar este tema.

Cada día desta semana, na Aula Virtual do cole, co lema: "SEMANA DOS BOS TRATOS" ían aparecendo cartaces con diferentes mensaxes para o día .

Nas nosas aulas, como manualidade estivemos a facer un colgateUnha pomba decorada con gomets de cores. 

Amosámosvos en imaxes o noso traballo:

- Todo o proceso de: picado, trazo da palabra "PAZ", así como a decoración con gomets.




- Mostra do resultado final:



- Posando cos nosos colgantes:

Tamén ao longo da semana estivemos a traballar a cooperación, a tolerancia... Reflexionamos sobre a importancia de traballar en equipo e as consecuencias que nos pode ocasionar o non saber facelo. 

Para esta actividade contamos coa axuda da curta que leva por título: "EL PUENTE".


miércoles, 27 de enero de 2021

Unha de pingüíns...

O protagonista 

de hoxe

 é ...

O PINGÜÍN


Na entrada anterior recollimos a fauna que habita na Antártida.

Nesta, buscamos información sobre os pingüíns, un dos animais que viven no continente que nos ocupa e ao que lle adicaremos algunhas sesións:

- Un dos vídeos que visualizamos foi: "El maravilloso mundo de los animales Disney - Los pingüinos".


-  Tamén recollimos 10 datos curiosos dos pingüíns:

                     

Despois de aprender algunha cousiña sobre estos simpáticos animais, fixemos algunha tarefa relacionada con eles.

(En sesións posteriores retomaremos esta información para lembrar e ir aprendendo algo máis).

Deixámovos algunhas actividades onde plasmamos esta ave en diferentes formatos:

- Unha pequena mostra dos debuxos que fixemos sobre esta ave.



- "Esculpindo" para darlle forma ao pingüín en plastilina.

lunes, 25 de enero de 2021

Que nos atopamos na Antártida?

Investigamos sobre os diferentes animais que viven na Antártida e comparamos a fauna do Polo Sur e a do Polo Norte.

Parte do material que temos en conta para a nosa investigación, é este recollido de youtube que nos fala de:

- Animais que viven no Polo Sur e no Norte.

- Das especies antárticas.


Escoitamos os sons dos animais e xogamos con este divertido vídeo:

... Tamén tomamos nota dalgunha información recadada neste vídeo de fauna e flora:

🐧🐧🐧🐧🐧

sábado, 23 de enero de 2021

Localizamos a ANTÁRTIDA

 Comeza a nosa expedición

 pola ANTÁRTIDA!!!

Imos aló...

Emprendemos a nosa viaxe para coñecer un pouquiño sobre este xélido continente: onde se atopa?, como é?, animais que habitan?...

Ao londo deste trimestre intentaremos dar resposta a estas e outras preguntas que vaian xurdindo.

Cales son os continentes?

Donde está a Antártida?



Unha das primeiras actividades que fixemos foi localizar no globo terrestre en que lugar se atopa este continente.

Averiguamos onde está o Polo Norte, o Polo Sur e tamén buscamos España, país no que vivimos.



Presentamos o globo terrestre, observamos os diferentes continentes, contamos, traballamos os conceptos de arriba e abaixo para diferenciar os 2 polos...
Deixámosvos un  fragmento:

😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃😃
Descubrimos que o Polo Sur atópase na Antártida, polo tanto localizámola na parte de abaixo do globo terrestre.

Algunhas pinceladas deste continente:

E como broche final, un capítulo da  divertida serie animada de Billy The Krill que leva por título: "Bienvenido a la Antártida".

viernes, 22 de enero de 2021

Facemos "maxia"...

 Na asamblea traballamos a estación na que nos atopamos e unha das cancións que adoitamos poñer sobre o INVERNO é esta:


Esta semana fixemos 
unha actividade ... MÁXICA!!!
Esta, consistía en decorar o gorro e as luvas con cera de cor branca. Podíamos facer raias, círculos, ondas... 
A gracia, estaba en descubrir o noso debuxo unha vez que volvemos a pintar o gorro e luvas, neste caso, con témpera azul.


                                       

O inverno

 Traballamos a palabra:

INVERNO


Analizamos a palabra inverno seguindo os pasos que empregamos na asamblea co nome do encargado: Contamos cantas letras ten, cantas palmas (sílabas), se é unha palabra longa ou curta, se ten moitas ou poucas letras...

(Como vedes calquer momento é bo para traballar a lóxico-matemáticas).

Outra actividade que levamos a cabo foi analizar as letras que forman a palabra INVERNO:

- Vocalizamos o fonema (son) de cada letra para que o alumnado intente descubrir de que letra se trata.

- Preguntamos se alguén a ten no seu nome e cantas, comprobamos que  sexa correcto.

- Buscamos palabras que empecen por esa letra.

jueves, 21 de enero de 2021

Novo Proxecto

 Novo ano, nova estación, novo trimestre e... 

NOVO PROXECTO!!!

Pois si, estreamos proxecto. Nesta ocasión seguindo as directrices do Proxecto Documental Integrado proposto dende o equipo de Biblioteca e relacionado coa Expedición aos Continentes, este curso toca Antártida e Oceanía, polo que decidimos neste segundo trimestre investigar sobre a Antártida  e relacionar o proxecto coa estación na que nos atopamos, é dicir... o INVERNO.


E no 3º trimestre dedicar parte da nosa aprendizaxe a Oceanía.

Abordamos esta aventura formulando 2 preguntas:

Que sabemos?

Que queremos saber?

... e como en cada proxecto, partimos das respostas recollidas .

Para dar resposta a estas cuestións facemos unha choiva de ideas para saber os coñecementos previos que ten o grupo sobre o inverno e a Antártida, estas foron as conclusións:

- 3 ANOS A:


- 3 ANOS B:


Do inverno sabemos máis cosas pero da Antártida temos moitas incógnitas que resolver...

Pero claro, xurdiu outra pregunta... Onde podemos informarnos?, deste xeito provocamos que pensen e se vaian dando conta dos medios de que dispoñemos para a búsqueda de información: internet, libros da biblioteca, preguntando a papá e mamá...

En anteriores cursos implicábamos ás familias  mandando unha NOTA para que nos proporcionaran información ou material sobre o proxecto e co material recollido facer un "RECUNCHO DO PROXECTO", pero neste curso esta actividade non vai ser posible por motivos de seguridade.

De todos os xeitos, animámosvos a que investiguedes con eles e lles contedes algunha cousiña sobre a Antártida, os pingüíns, as focas... para que logo eles na aula poidan compartir algunha curiosidade sobre o proxecto cos seus compañeir@s.

martes, 19 de enero de 2021

Recortes

Recollemos algúns fragmentos DAS nosaS vivencias na aula.

... Estes son diferentes momentos dentro dos nosos recunchos.

- maletas das vogais:


- Construcións:


- Quebracabezas:


- Seguimos o modelo: