jueves, 21 de enero de 2021

Novo Proxecto

 Novo ano, nova estación, novo trimestre e... 

NOVO PROXECTO!!!

Pois si, estreamos proxecto. Nesta ocasión seguindo as directrices do Proxecto Documental Integrado proposto dende o equipo de Biblioteca e relacionado coa Expedición aos Continentes, este curso toca Antártida e Oceanía, polo que decidimos neste segundo trimestre investigar sobre a Antártida  e relacionar o proxecto coa estación na que nos atopamos, é dicir... o INVERNO.


E no 3º trimestre dedicar parte da nosa aprendizaxe a Oceanía.

Abordamos esta aventura formulando 2 preguntas:

Que sabemos?

Que queremos saber?

... e como en cada proxecto, partimos das respostas recollidas .

Para dar resposta a estas cuestións facemos unha choiva de ideas para saber os coñecementos previos que ten o grupo sobre o inverno e a Antártida, estas foron as conclusións:

- 3 ANOS A:


- 3 ANOS B:


Do inverno sabemos máis cosas pero da Antártida temos moitas incógnitas que resolver...

Pero claro, xurdiu outra pregunta... Onde podemos informarnos?, deste xeito provocamos que pensen e se vaian dando conta dos medios de que dispoñemos para a búsqueda de información: internet, libros da biblioteca, preguntando a papá e mamá...

En anteriores cursos implicábamos ás familias  mandando unha NOTA para que nos proporcionaran información ou material sobre o proxecto e co material recollido facer un "RECUNCHO DO PROXECTO", pero neste curso esta actividade non vai ser posible por motivos de seguridade.

De todos os xeitos, animámosvos a que investiguedes con eles e lles contedes algunha cousiña sobre a Antártida, os pingüíns, as focas... para que logo eles na aula poidan compartir algunha curiosidade sobre o proxecto cos seus compañeir@s.

No hay comentarios:

Publicar un comentario