Traballamos a palabra:
INVERNO
Analizamos a palabra inverno seguindo os pasos que empregamos na asamblea co nome do encargado: Contamos cantas letras ten, cantas palmas (sílabas), se é unha palabra longa ou curta, se ten moitas ou poucas letras...
(Como vedes calquer momento é bo para traballar a lóxico-matemáticas).
Outra actividade que levamos a cabo foi analizar as letras que forman a palabra INVERNO:
- Vocalizamos o fonema (son) de cada letra para que o alumnado intente descubrir de que letra se trata.
- Preguntamos se alguén a ten no seu nome e cantas, comprobamos que sexa correcto.
- Buscamos palabras que empecen por esa letra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario