O martes 28 de maio tivo lugar no CPI Castro Baxoi o festival das LETRAS GALEGAS no que participou o alumnado de infantil e primaria.
Resumimos en imaxes:
- Posando...
Na aula de 3 anos estivemos preparando o "atuendo" para a nosa actuación...
Coñecemos a LUISA VILLALTA a través destes xogos de genially recollidos das actividades propostas polo SEMINARIO GALÁN e que deixamos nesta fiestra por se queredes xogar na casa...
nas que participamos
dentro das propostas
do equipo de EDLG
para este curso:
💙 POEMIÑOS POLAS LETRAS
Un ano máis participamos na elaboración dun poema, logo repartirase polos comercios de Miño onde se entregará a todo aquel que vaia mercar.
No caso de infantil é un traballo cooperativo de gran grupo entre toda a aula.
Este curso nas nosas aulas de 5 anos A e 5 anos B, o tema era Os océanos e os animais mariños para integrar a actividade dentro do proxecto de centro.
Primeiramente pensamos entre tod@s a poesía e escribímola:
Logo facemos un debuxo individual relacionado co poema
escollemos por votación popular os elementos que máis nos gustan
e ilustramos a poesía.
O resultado...
5 ANOS A:
5 ANOS B:
💙 MAIO GALEGO
Para achegar a música galega ao noso alumnado fixemos un mural cunha estrofa dunha canción popular que logo colgamos nas ventanas da clase.
O obxectivo: Animar a cantar a todo aquel que a lea.
5 ANOS A- canción: O PIRIMPIMPIN de Malvela.
(Deixamos vídeo recollido de youtube, por si queredes cantar.)
💙 Xornada de xogos populares.
(Colabora a ANPA)
💙Rematamos coa actuación das pandereiteiras do cole e cantamos tod@s xunt@s o himno galego.
... pechamos cun pouquiño de creatividade 😂😂😂