jueves, 18 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 23 💙💦 🐬

Amosamos as actividades 

nas que participamos  

dentro das propostas 

do equipo de EDLG 

para este curso:



💙 POEMIÑOS POLAS LETRAS

Un ano máis participamos na elaboración dun poema, logo repartirase polos comercios de Miño onde se entregará a todo aquel que vaia mercar.

No caso de infantil é un traballo cooperativo de gran grupo entre toda a aula.

Este curso nas nosas aulas de 5 anos A e 5 anos B, o tema era Os océanos e os animais mariños para integrar a actividade dentro do proxecto de centro.

Primeiramente pensamos entre tod@s a poesía e escribímola:



Logo facemos un debuxo individual  relacionado co poema

escollemos por votación popular os elementos que máis nos gustan 

e ilustramos a poesía.


O resultado...

5 ANOS A:

5 ANOS B:

💙 MAIO GALEGO

Para achegar a música galega ao noso alumnado fixemos un mural cunha estrofa dunha canción popular que logo colgamos nas ventanas da clase. 

O obxectivo: Animar a cantar a todo aquel que a lea.

5 ANOS A- canción: O PIRIMPIMPIN de Malvela.

(Deixamos vídeo recollido de youtube, por si queredes cantar.)

5 ANOS B- "Adiós ríos, adiós fontes" de Astarot
(Deixamos vídeo recollido de youtube, por si queredes cantar.)

💙 Xornada de xogos populares.

(Colabora a ANPA)

💙Rematamos coa actuación das pandereiteiras do cole e cantamos tod@s xunt@s o himno galego.

... pechamos cun pouquiño de creatividade 😂😂😂

No hay comentarios:

Publicar un comentario