Psicomotricidade fina

Esta, xunto coa psicomotricidade grosa é un factor fundamental no crecemento infantil.
Pero... que é a psicomotricidade fina?
Son os movementos do corpo que requiren máis destreza e precisión que ningún outro movemento, necesitan maior dominio e control, sobre todo de mans e brazos. O desenvolvemento da pinza dixital de movementos finos é o que facilitará, nun  futuro, a grafomotricidade.
Comprende todas as actividades nas que empregamos as mans e tamén desenvolve os procesos onde se necesita precisión e coordinación
É moi importante traballar estas habilidades  en idades temperás para posteriormente adquirir determinadas destrezas e aprendizaxes como a escritura.
Estas actividades coordinadas e delimitadas ás que facemos referencia, inícianse cando empezamos a pintar, mover obxectos... Polo tanto, podemos dicir que comprende todas as actividades que implican precision, forza controlada,  concentración e coordinación óculo-manual.

IMPORTANTE TER EN CONTA:
Antes de que poidamos aprender a escribir, temos que fortalecer os músculos das mans e as bonecas que utilizamos no proceso da escritura. Cada vez que o nen@ fai garabatos, recorta, moldea, abotoa... está desenvolvendo as habilidades motoras finas.
Estes exercicios favorecen o control progresivo dos dedos e das mans. Non podemos esperar que sexamos capaces de escribir se non temos  ainda a forza necesaria nas mans e dedos e se non nos desenvolvemos ben.
Por iso recalcamos que na etapa infantil é tan importante manipular, a mellor forma de axudar a adquirir estas e outras habilidades é proporcionar unha serie de materiais e deixar traballar coas mans e experimentar
Para iso, debemos ofrecer diferentes e variadas propostas que axuden ao desenvolvemento da psicomotricidade fina. 
De seguido propoñemos unha serie de actividades para impulsar a motricidade fina tanto na aula como na casa.
Lembramos que partimos de que hai 2 características da motricidade fina que temos que ter en conta:
- Coordinación
- Precisión
A partir do ano, ano e medio de idade é importante estimular a motricidade fina mediante xogos, para favorecer o desenvolvemento madurativo.

Na seguinte presentación recollemos diferentes tarefas que podemos levar a cabo para incentivar a motricidade fina:


En función da idade e dos intereses do nen@ faremos as adaptacións e variacións necesarias.
Tamén podemos ir engadindo ás actividades todo tipo de retos educativos como: identificación e clasificación de cores e tamaños, series, formas, indentificación de números e conteo, creatividade, percepción sensorial...
As posibilidades son infinitas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario