viernes, 28 de febrero de 2020

ANIVERSARIOS FEBREIRO


OS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA OS QUE CUMPREN ANOS ESTE MES.
PATRICIA
ADRIÁN
SOFÍA
AMAIA
LUCAS
DAVID
CARMEN
HUGO
NAIM
XOEL
GAEL

Remate do Entroido

O venres 28 despedimos o Entroido con disfraz libre.
Todos os nenos e nenas podían vir disfrazados da casa como máis lles gustara. 
O resultado podedes velo nesta reportaxe fotográfica:


martes, 25 de febrero de 2020

Desfile 2020


...

E CHEGOU O DÍA
...


O venres 21 vestimos o noso traxe de hindú.







Ás 11:30h. dispuxémonos a percorrer as rúas de Miño para festexar o Entroido.

Unha vez que voltamos ao cole, repuxemos forzas cunha degustación de chocolate á taza por cortesía do ANPA. Tamén gozamos dalgunha sobremesa típica destas datas.


viernes, 21 de febrero de 2020

Mandatos do Meco


Semana 
do 17 ao 21 de febreiro 
do 2020.


Así vivimos esta semana de Entroido 
cumprindo os mandatos do MECO.
LUNS 17:
Xa chega o Entroido polo mundo adiante,
engalana a cabeza con sombreiro ou turbante
e ...estarás impresionante!

MARTES 18:
A emoción nas viaxes está garantida 
se pos nos teus ollos gafas coloristas.
Non esquezas o sorriso 
e... desfruta da vida!

MÉRCORES 19:
O mércores con bufanda 
estaremos de parranda.
Cunha gravata de tea ou papel
tamén estarás moi ben.
XOVES 20:
O xoves molarás un montón
se nos pes traes ao cole
calcetíns ou zapatos distintos 
ou con adornos de cores.
 
FOI 
MOI DIVERTIDO!!!





Semana de Entroido

Unha das actividades  que fixemos 
esta semana de febreiro 
foi ambientar 
a entrada do cole 
cuns antefaces
que decoramos na aula.


 Un pouco de creatividade e de imaxinación...


E este foi o resultado final:




miércoles, 19 de febrero de 2020

Preparativos Entroido


Na semana previa ao Entroido comezamos cos preparativos 
para tan sinalada data

...





Este ano o alumnado de educación infantil prepara un traxe de hindú para o desfile do día 21 de febreiro.


Do vestido encárganse as familias.
Na aula, deseñamos e elaboramos os complementos do noso disfrace: pulseiras, broches e cintos.
Aquí estamos "troquelando" para facer os broches:

Este foi o resultado final:

Tamén fixemos de modelo para probar o traxe:












Outros momentos de interese:
A decoración da entrada do cole...

Obedecendo os mandatos do Meco:

Xogo do burro:

Folión:
...