sábado, 15 de febrero de 2020

Visitamos a biblioteca creativa

As pasadas semanas tivemos unha primeira experiencia cos legos que están na biblioteca creativa. 
Nesta vivencia, dentro da nova sección da biblioteca do cole, o que fixemos foi observar,  manipular e manter  unha toma de contacto con este novo material que dende a biblioteca puxeron a nosa disposición.
A primeira actividade consistía en manipular as pezas, contalas, verbalizar a súa forma, cor... para de seguido facer unha construción libre.

Poñemos a traballar a imaxinación e coa mesma cantidade de pezas por grupo... 
a ver que animal conseguimos facer!

O 3º paso sería máis guiado, a actividade consistiría en crear un pato idéntico ao modelo proporcionado.

Mmm... ao mellor non é tan fácil e temos que fixarnos un poquiño máis?

No hay comentarios:

Publicar un comentario