martes, 18 de febrero de 2020

CONTACONTOS SOBRE IGUALDADE

"Ula Lúa?"

O mércores 12, a Xanela do Maxín presentounos un contacontos con monicreques e temática de igualdade.
Baseada no libro que leva o mesmo título editado por "Guindastre Edicións".





Unha historia onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.

A gatiña Lúa non ten irmáns e a avoa non lle deixa saír fóra, mais ela soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas para xogar.

Cando logra saír atópase cun gato que tamén intenta impedirlle que realice os seus soños, pero Lúa di NON, porque ninguén ten dereito a destruír os seus soños e ilusións.
A gatiña Lúa oponse a iso, sendo exemplo de constancia e valentía.

A igualdade e a non violencia son alicerces dunha historia tan entrañable como auténtica. 



Xa na aula plasmamos a historia cun debuxo. Seleccionamos algúns para mostrar no blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario