jueves, 23 de junio de 2022

Colgamos o cartel de pechado.
Ata setembro...

BO VERÁN!!!

ANIVERSARIOS DE VERÁN...


Os nosos mellores desexos para tod@s 
os que cumplen no verán.




luca
ELÍAS
aDELA
GISELA
OLIVIA

ALBA

IDAIRA


Os nosos traballos...

Rematamos trimestre e proxecto así que toca levar os  traballos de mesa para a casa.



Moi bo traballo!!!

Agora toca gozar do verán e vémonos o próximo curso coas pilas recargadas e dispostos a enfrentarnos a novos retos.


martes, 21 de junio de 2022

lunes, 20 de junio de 2022

ANIVERSARIOS XUÑO

Felicitamos 

a tod@s os peques 

que estiveron e estarán 

de aniversario 

durante este mes de XUÑO.


ARTAI

AROA

PAULA


Concerto didáctico

Hoxe luns subimos á clase de música porque os alumnos e alumnas de primaria fixeron unha exhibición dalgunhas pezas que aprenderon ao longo do curso. 

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

viernes, 17 de junio de 2022

Aprendemos sobre o CaMiño con axuda do escornabot...

Outro dos xogos que preparamos foi un taboleiro con preguntas sobre todo o que levamos aprendido sobre o Camiño de Santiago.



Ademais tamén traballamos conceptos matemáticos de conteo, espaciais, lateralidad... que son precisos para levar o escornabot á casa correspondiente.

miércoles, 15 de junio de 2022

Imos á praia! 🌞🌞🌞

O martes 14 retomamos a nosa saída mítica destas datas á PRAIA A RIBEIRA, moi cerquiña do cole.

Pasamos unha mañá moi entretida con xogos na area, camiñata e merendola incluída.

Deixamos en imaxes estes momentazos onde se reflexa o agradable que foi a xornada e o bo tempo que nos acompañou.

- Camiño da praia

       

- Merendando



- XOGANDO


lunes, 13 de junio de 2022

Pinceladas...

Deixamos neste vídeo uns recortes de diferentes vivencias acontecidas ao longo destes meses nas nosas aulas de 4 anos, no que temos tempo  para: divertirnos, investigar, construir, imaxinar, comparar, crear... e sobre todo...

 APRENDER!!!


Traballamos: arte, lóxica-matemática, TICs, lecto-escritura...

martes, 7 de junio de 2022

Practicamos coas tesouras ✂✂✂✂

O reto nesta ocasión consistía nunha actividade moi divertida... Cortar o pelo completar e decorar a imaxe que presentamos de seguido:


Trátase de fomentar a creatividade e mellorar a psicomotricidade fina así como a coordinación óculo-manual entre outros.

O resultado final amosámolo en 3 pasos:

-✂ Trazo, completar e decorar:


-✂ Recortar:


-Pegar en folio flúor:



Tamén aportamos 
algunha imaxe 
do modelo 2:


XOGO do BINGO

Seguimos  a xogar con diferente material que preparamos na aula para o proxecto. Nesta ocasión presentamos un bingo, con etiquetas relacionadas co CAMIÑO,  e ao que xogamos de 2 formas diferentes:

- Sacando as etiquetas ao chou do noso zurrón de peregrino...


                                                                                                                   
- Ou xirando a ruleta...




Teremos que estar moi atent@s para completar o noso "cartón-cuncha" e así poder cantar... BINGO!!!

jueves, 2 de junio de 2022

Contraportada e portada do 3º trimestre

Elaboramos a encuadernación dos traballos deste trimestre.

🏃 Como contraportada...

UN CALCETÍN!!!

Poñémonos mans á obra:

- Picamos a silueta do calcetín debuxado nunha cartolina de cores


- Picamos os adornos do calcetín:

... montamos e pegamos


- Cosemos



E obtemos o seguinte resultado:


🏃 Como portada...

UNS PEREGRIN@S MOI ESPECIAIS!!!