lunes, 31 de mayo de 2021

PLASTILINA!!! e ... MAXIA!!!

Seguimos adquirindo forza nos dedos e palma da man...

Na tarefa que tivemos que facer nesta sesión, traballamos a plastilina: amasando, facendo churros, bolas... para concluír desenvolvendo a nosa imaxinación e modelar algún animal de primavera.

Deixamos algunha imaxe:



Primavera, sol, bailaretes... se xuntamos todo isto, o resultado foi o seguinte:
Xogando no recuncho da biblioteca cos bailaretes e sen pretendelo, empezamos a conseguir diferentes efectos co sol e os CDs.
MENUDO EXPERIMENTO!!!

👏👏👏👏👏👏👏
Neste recuncho, tamén desenvolvemos a creatividade con diferentes materiais plásticos e realizamos diferentes creacións empregando a nosa imaxinación...

😍😍😍😍😍😍😍😍😍

miércoles, 26 de mayo de 2021

Boomerang

Como manualidade, desde o noso recuncho de arte, estivemos deseñando un "BOOMERANG" que elaboramos en cartolina e logo decoramos coa técnica de punteado que empregaban os aborixes australianos.

Esta creación serviranos como contraportada para os nosos traballos deste trimestre.

Presentamos as imaxes desta actividade según os pasos que seguimos:

- Picado



- Punteado con rotuladores


- Punteado con pintura e bastonciños


- Resultado final


😍😍😍😍😍😍😍😍😍

ANIVERSARIOS MAIO


PARABÉNS !!!

a  todos e todas os que estiveron de aniversario neste mes das flores.




DANA

NORA

martes, 25 de mayo de 2021

TESOURAS !!! 😆😆👏👏🎆🎆

Hoxe toca traballar un pouco a psicomotricidade fina e a coordinación óculo-manual, e para iso, na actividade que escollemos nesta ocasión... 

EXPERIMENTAMOS coas tesouras!!!



Foi moi divertido recortar con este utensilio, tanto de forma dirixida como de xeito libre.

Enredamos coas vogais

Xogamos ao bingo buscando no noso cartón, imaxes que comecen pola vogal que nos toque ao xirar a ruleta.

Material que precisamos:

- Cartóns con imaxes que empecen por vogal.

- Unha ruleta.

- Etiquetas coas vogais.

- Tapóns, pompóns, plastilina... (ou calquer outro material que nos sirva para marcar a imaxe).


Con esta actividade traballamos a lecto-escritura, a concentración, a observación, así como a psicomotricidade fina.

jueves, 20 de mayo de 2021

Xogo de parellas

Argallamos esta actividade para traballar no EDI pero que tamén podes facelo no ordenador, móbil ou tableta. 

Invitámosvos a poñer a proba a vosa memoria e xogar con estes animais que habitan en Oceanía.

Animádesvos?

(PREME na frechas para poñer en pantalla completa)

Maios 2021

Este mércores día 19 celebramos os MAIOS no CPI Castro Baxoi.
O alumnado podía traer flores, verde, follas... para entre tod@s facer o noso MAIO.
Deixamos algúns dos momentos desta actividade.




viernes, 14 de mayo de 2021

Letras Galegas 2021


 17 de maio
DÍA 
DAS LETRAS GALEGAS




Este ano adicado a Xela Arias Castaño, mestra, poeta e traductora.

Durante esta semana estivemos a coñecer e traballar sobre esta muller galega nada en Sarria no 1962 e que nos abandonou no 2003.
      SEMINARIO GALÁN (Se queres coñecer máis sobre Xela preme no enlace).

Traballamos en diferentes formatos así como con distintos materiais:
- Traballo de mesa... coñecendo algunha pincelada da súa vida.
     EN PAPEL (Este enlace lévanos á U.D. completa recollida do Seminario Galán)

- No EDI, repasando neste "genially" todo o que estivemos a investigar dela.
(Preme na imaxe para poder acceder e xogar).




- Adicamos un tempo á psicomotricidade fina e a lecto-escritura reproducindo o seu nome coa plastilina.


- Escoitamos un poquiño de música.
Canción con pictogramas Xela Arias Castaño. Canción de Samuel Soto Macia.

Outra das actividades que levamos a cabo para conmemorar este día foi a participación no concurso "PoeMiños polas Letras" que xa levamos celebrando varios anos.
Este ano a poesía debía estar relacionada con Miño.
- Traballando...




- As nosas poesías colectivas.
        3 anos A                                              3 anos B

- Exposición dos debuxos individuais.


- E estes son os debuxos máis votados.
         3 anos A                                              3 anos B

martes, 4 de mayo de 2021

Lecto-escritura

❤❤❤ Traballamos e xogamos coas letras que configuran a palabra OCEANÍA
Identificamos as letras, nomeámolas, facemos o seu son, verbalizamos palabras que comenzan por esas mesmas letras...
Unha vez que temos feito un traballo previo con cada unha das letras que forman a palabra OCEANÍA, pasamos a poñer a proba a nosa creatividade e decorarámolas ao noso gusto empregando ceras "mandley" e alkil para logo colgalas no recuncho do proxecto.

❤❤❤Na nosa biblioteca de aula investigamos un pouquiño mais sobre os animais que podemos atopar neste continente:



❤❤❤Durante a semana pasada o noso traballo de mesa estivo adicado a investigar sobre o KOALA
Finalmente fixemos unha choiva de ideas para repasar o que aprendimos sobre este animal australiano e estas foron as conclusións:
    3 anos A

 
                        3 anos B

Resumo destas actividades en 3 anos A: