martes, 31 de octubre de 2023

viernes, 20 de octubre de 2023

AMBIENTAMOS A ENTRADA DO COLE 🌰🍄🐾 🍁

🍁 Participamos na decoración da entrada do cole con motivos do OUTONO. 

Cada grupo de infantil tiña unha tarefa encomendada:

O  reto dos nenos e nenas de 3 anos e unha clase de 5 anos era aportar unhas nubes. 

Para a súa elaboración empregamos 2 técnicas: o esponxado con témpera e pegado de algodón.


O alumnado de 4 anos elaborou un colar con follas.


E por último, a outra clase de 5 anos aportou un esquío.


RESULTADO FINAL:

jueves, 19 de octubre de 2023

Cousiñas do OUTONO 🍁🌰🍂 🍄

🌰 Na aula de 3 anos observamos a nosa contorna e inspeccionamos como auténticos detectives.

Recollemos follas, landras, castañas, bugallos...

Nesta actividade desenvolvemos os sentidos da vista e do tacto dentro do proxecto deste trimestre: "O coidado do corpo".


🍂 Manipulamos as follas e froitos típicos desta estación...



... e montamos o recuncho do OUTONO.