lunes, 27 de febrero de 2023

Rosalía de Castro 🌹🌹🌹


🌹 O venres 24 recitamos e cantamos a Rosalía. 

Debido ás condicións meteorolóxicas houbo un pequeno cambio, en lugar de ser no parque de Telle foi na entrada do cole.

Deixamos un dos ensaios:

CANTAMOS:
RECITAMOS:

🌹 Outra actividade que fixemos foi escribir unhas palabras para repostar á pregunta: Como nos gostaría ver o mar?


Traballo cooperativo de infantil e primaria para simular a fiestra de Rosalía observando o mar.

🌹 E como traballo de aula estivemos a darlle cor, con acuarelas, ao retrato de Rosalía. Quedounos moi chulo!!!
Aí van unhas imaxes coa canción de "Has de cantar" interpretada por Uxía, do disco "ROsalía pequeniña" onde se recollen poemas de Rosalía...
MUSICADOS!!!


viernes, 24 de febrero de 2023

ANTEFACE

Remata o ENTROIDO e non podemos despedilo sen decorar o noso anteface.

Escollemos un modelo e cada quen saca o artista que leva dentro pintandoo ao gosto.

A tarefa consistía en:

👾 Picar:

👾 Colorear: (Con rotuladores)

👾 Decorar: (Con abalorios, anacos de papel, xel de purpurina, goma eva...)



👾 Unha pequena mostra do que resultou:

👾 Pegamos un depresor...

... e listo para UTILIZAR!!!

Guapos e guapas!!!

lunes, 20 de febrero de 2023

ENTROIDO 2023 🎆🎆🎆🎆

Durante a semana do 13 ao 17 de febreiro o noso centro acadou un aire festivo coa chegada do ENTROIDO.

E como somos moi obedientes, durante toda a semana seguimos as ordes do MECO:





Princesas, superheroes e piratas foron os disfraces que máis exito tiveron. 

GUAPÍÍÍÍSIMOS!!!!

A semana foi transcurrindo e chegou o venres... 

DÍA DO DESFILE!!!🎇🎇🎇🎇🎇🎇🎇

Este ano a temática eran os OCÉANOS e en infantil  planeamos ir de PIRATAS.

Ás 11:15 iniciamos o desfile, un pequeno percorrido polo pobo, para voltar ao cole e repoñer forzas cunha chocolatada cortesía da ANPA.

Coma sempre moitas GRAZAS.💓💓💓

jueves, 16 de febrero de 2023

Aprendemos xogamdo...

💥 BINGO

Adicamos un tempo a traballar vocabulario. recoñecer consoantes e vogais, os seus sons... en definitiva, a lectoescritura.

Na entrada de hoxe xogamos ao BINGO DAS PALABRAS.

Un xogo didáctico e entretido que consiste en ir sacando letras ata formar palabras.

MATERIAL que empregamos:

💢 Fichas imprimidas e plastificadas, cunha foto e tantos espazos como letras teña a palabra que debemos completar.

💢 Letras do abecedario que temos escritas nos tapóns de leite.

💢  Cubos encaixables para marcar as letras da nosa palabra.


Este xogo tamén nos permite traballar a atención e a concentración, pois temos que estar atent@s ás letras que van saíndo, ademais da psicomotricidade fina.

Ainda que non debemos de esquecer que o obxectivo principal e traballar a lectoescritura, o abecedario, a conciencia fonolóxica, a articulación, a discriminación auditiva e visual.

Ao aprender xogando en grupo... tamén fomentamos as relacións interpersonais e o respecto tanto se gañamos coma se perdemos.

💥 Bus 

Outro xogo co que estivemos moi entretidos foi co Bus das familias, con el traballamos as familias do nº 0, do 10, do 20...

O obxectivo é traballar a lóxico-matemática, o conteo, a discriminación, a atención, a lateralidade, a orientación espacial...

martes, 14 de febrero de 2023

Poñemos música ao proxecto...

 "La vida pirata es la vida mejor..."

Hoxe nesta fiestra amosamos algunha das cancións que estamos a escoitar para amenizar o traballo...

💣 "El baile del pirata"

💣 "El pirata Barbanegra"

💣 "O pirata metepata" de Mamá Cabra.


💣 "El pirata feroz"


💣 "Canción de los piratas"

💣 "Somos piratas"

🎶🎶🎶🎵🎶🎶🎶🎵🎶🎶🎶🎵🎶🎶🎶🎵🎶🎶🎶🎵

Creamos con plastilina...

Desenvolvemos a imaxinación ao mesmo tempo que entrenamos a nosa forza nas mans para poder ter unha boa prensión dixital. 

Nesta sesión, a proposta era modelar algo que estivera relacionado co proxecto.



viernes, 10 de febrero de 2023

MANDATOS DO MECO...



Deixamos os 
MANDATOS DO MECO 

para toda a semana 

e que este curso 

están relacionados 

cos OCÉANOS.


🐠 Luns 13 de febreiro:

🐠 Martes 14 de febreiro:

🐠 Mércores 15 de febreiro:

🐠 Xoves 16 de febreiro:

🐠 Venres 17 de febreiro:


🎇🎇🎇🎇🎇🎇🎇🎇🎆🎆🎆🎆🎆🎆🎆🎇🎇🎇🎇🎇🎇🎇🎇

jueves, 9 de febrero de 2023

Preparamos o disfrace!!!

 Xa está aquí o ENTROIDO e un ano máis, dentro da aula, deseñamos a nosa vestimenta. Este curso toca ir de PIRATAS, entre tod@s preparamos o cinto e o gorro pirata coa súa caveira, mentras que na casa as nosas familias que son moi colaboradoras e creativas axúdannos cos chalecos...




j
QUE GUAP@S IMOS IR!!!

O recuncho do proxecto...

O noso espazo adicado aos "PIRATAS" vai medrando pouco a pouco.



Debuxo BARCO PIRATA...

Por un intre convertímonos en capitáns e asumimos o reto de imaxinar o noso barco pirata e logo plasmalo en papel. O resultado foi espectacular, unhas auténticas obras de arte.

Deixamos un vídeo para que  poidades apreciar e  gozar das nosas creacións:

5 ANOS A:

5 ANOS B:


... e como non podía ser doutro xeito, estas obras de arte están expostas na aula:

jueves, 2 de febrero de 2023

O noso código pirata!

COmo "BO" pirata que se precie comprometémonos a seguir unha serie de normas e para iso entre tod@s elaboramos un código pirata que resultou así:




Todo isto despois de recibir unha mensaxe do Capitán SORRISO... 

nunha botella!!!