jueves, 30 de septiembre de 2021

A nosa árbore de OUTON0.

Traballamos grafía e cores de OUTONO. 

Nesta actividade, observamos as características desta estación e fomentamos tanto a creatividade como a psicomotricidade fina, decorando esta árbore coa técnica do bastonciño.

Deixamos unhas imaxes de como transcorre esta tarefa...

... e tamén da exposición final no noso recuncho de OUTONO.

3 anos A

3 anos B

ANIVERSARIOS SETEMBRO

Os nosos mellores desexos para todo o alumnado que estivo de aniversario este mes.

MOITOS PARABÉNS!!!


JUAN


                                  ADRIANA


lunes, 27 de septiembre de 2021

Os volcáns

Estes días, ó centro de interese está a ser... 

OS VOLCÁNS

(posto que están de actualidade).

Aproveitamos a noticia que estamos a vivir durante estas semanas, para coñecer e investigar sobre este tema.

Primeiro facemos unha choiva de ideas para ver o que sabe cada quen...

... para logo ir profundizando entre todos sobre esta estructura xeolóxica.

Na rede atopamos este genially elaborado por Elena Nubes que nos pareceu moi interesante e que estamos a taballar na aula.

sábado, 25 de septiembre de 2021

Motricidade fina

Toca poñer a proba a nosa motricidade fina, para dito fin, recortamos uns flocos e decoramos ao gusto de cada quen. 

O obxectivo e mellorar a nosa psicomotricidade, adquirindo destrezas e habilidades nos movementos de mans e dedos, nesta actividade farémolo manipulando as tesouras.




O resultado final foi esta falda tan orixinal:


     💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃💃

Aprendemos xogando

Esta é a nosa primeira toma de contacto nos diferentes recunchos da aula...


              


        

... neste curso que acaba de comezar.

💜 Traballamos diferentes conceptos lóxico-matemáticos:

- Conteo

- Xeoplanos

- Orientación espacial e conteo cos depresores

- Orientación espacial co noso corpo



💜  De lecto-escritura:

          

lunes, 13 de septiembre de 2021

Novo curso, novas aventuras!

Xa estamos de volta, 

despois de un merecido descanso, 

queremos darvos a BENVIDA a tod@s 

e desexarvos un pracenteiro percorrido,

cheo de grandes aventuras e aprendizaxes.

Deixamos inmortalizado o noso primeiro día de cole :

4 anos A

4 anos B


Desexamos que traiades a mochila chea de ilusión e que xuntos poidamos compartir soños e  coñecementos a través da investigación e da manipulación.

E M P E Z A M O S !!!