miércoles, 22 de diciembre de 2021

Cos nosos mellores desexos!!!

O día 21 tivemos unha visita moi especial que nos fixo moita ilusión e onde expresamos algunhas peticións...

Por outra banda, aproveitamos esta ventá para decir que:

Despedimos ano...

e queremos enviarvos os nosos mellores desexos para estas datas e para o ANO NOVO que está a punto de comezar.



Vémonos no 2022!!!

Aprendemos xogando...

Estes días estivemos a utilizar diferente material que elaboramos na aula e que está relacionado co NADAL. 

Na entrada de hoxe colgamos 2 xogos que empregamos para aprender conceptos matemáticos. Nesta ocasión traballamos: conteo, relación número-cantidade, cores...

- Bingo:

- Cartas:

Con estes xogos tamén traballamos: a observación, a concentración e como non, a linguaxe.

ANIVERSARIOS DECEMBRO


 Parabéns a PABLO 

que este mes 

estivo de aniversario.



martes, 21 de diciembre de 2021

Un pouco de humor... 🎅

Estas son as nosas felicitacións feitas con moito agarimo... e como non, cunha miguiña de humor.





Facendo a contraportada dos nosos traballos...

Rematamos trimestre e proxecto, de seguido presentámosvos a contraportada que elaboramos este curso.

Nesta ocasión o reto foi facer un boneco de neve con goma eva de purpurina e catón ondulado. Para facer a neve empregamos discos de algodón e cuños con témpera.

Este foi o resultado:







Portada e contraportada:




Moi bo traballo!!!

domingo, 19 de diciembre de 2021

Compartimos postais 🎅

Dende o Equipo de Actividades Complementarias propóñennos o seguinte reto para este Nadal: 

Elaborar unha tarxeta co lema: "Cós nosos mellores desexos".

(Para o seu deseño pódense empregar diferentes técnicas).

Esta é a nosa proposta:





Unha vez rematadas, expoñémolas polos corredores do cole... 


O día 20 recolleranse, para o día 21, repartilas aleatoriamente entre todo o alumnado do centro.

jueves, 16 de diciembre de 2021

Imos ao buzón!

Dentro do proxecto que estamos a levar a cabo, facemos un pequeno itinerario polo pobo dende o cole ata o buzón de correos para enviar ás nosas casas unha pequena sorpresa...

UNHA FELICITACIÓN DE NADAL!!!

Así foi a súa elaboración:









... e a "visita" ao buzón:





E xa de volta para o cole...


jueves, 9 de diciembre de 2021

Peparándonos para o NADAL!

Modelamos con pasta unhas figuras para a árbore de Nadal, despois decorámolas ao gusto de cada quen (con pintura e purpurina).

Deixamos a reportaxe fotográfica:




Unha vez secas poñemoslles unha cinta e...

A COLGALAS!!!