jueves, 29 de septiembre de 2022

SORPRESA!!!...💧💧💧



PRESENTÁMOSVOS 

Á NOSA 

MASCOTA DE AULA

"GOTI".



Unha gotiña de auga que durante este trimestre estaranos acompañando nesta aventura que é o aprendizaxe de forma lúdica.

PEDIMOS A VOSA COLABORACIÓN...

Onte estivemos a preparar unha notiña para mandar á casa, solicitando ás familias a súa participación neste proceso de ensino-aprendizaxe. 

Sería moi interesante que nos aportárades ás aulas calquera tipo de: información, manualidade, experimentos, fotos, contos, películas...  relacionadas coa AUGA. 

💧💧💧 LEMBRADE QUE É MOI IMPORTANTE  que todo o que mandedes sexa adaptado a ista idade, para que os nen@s sexan quen de poder transmitir dita información aos seus compañeir@s 

miércoles, 28 de septiembre de 2022

Libro viaxeiro,,, 📖

Poñemos a andar o noso libro viaxeiro: "A auga".

Somerxémonos nesta aventura para que as familias en colaboración cos nen@s: escribades, investiguedes, aportedes: curiosidades, experimentos, adiviñas, novas, cancións, contos  curtos... en definitiva, que enchades estas páxinas en branco con calqueira cousiña de interese relacionado co tema  e que logo o nen@ poida expoñer na aula ao resto dos seus compañeir@s. 

Esperamos ansios@s a vosa colaboración, xa que nos parece unha experiencia moi enriquecedora para tod@s.

Para que poidera saír da aula a cada unha das casas dos sorrisos, primeiro tivemos que deseñar e montar o noso libro.

Estes foron os pasos que seguimos:

- Picar unha gota de auga e as letras, ademais de facer o fondo da portada con ceras pasteis.

-Pegar


- Facer a contraportada con acuarela e pallas empregando a técnica do sopro.



Só queda incluir páxinas en branco (neste caso cartolinas de cores) e unhas pequenas instrucións... e listo para que vaia de casa en casa.📔🏃



o POR QUE DO LIBRO VIAXEIRO...
Porque é unha forma de que as familias participen na escola.
Obxectivos:
💧 Implicar ás familias, fomentando así a relación familia-escola.
💧Dar a coñecer ás familias o traballo doutros nen@s 
💧Os nen@s séntense protagonistas compartindo o traballo da casa cos demais.
💧 Valorar a linguaxe como forma de expresión, sentimentos, emocións...
💧 Aprender a escoitar, respetar e interesarse polos elaboracións dos compañeir@s

💧Fomentar valores como: tolerancia, colaboración, diversidade, respecto, empatía...

💧Fomentar o interese pola lectura e a escrita.

A auga na nosa vida! 💧💧💧

💧💧💧💧 Comezamos proxecto...

Como sempre iniciamos esta aventura con dúas preguntas:

 💧💧  Que sabemos 

 💧💧  Que queremos saber?

Este foi o resultado:

💧💧💧💧 En 5 anos A:


💧💧💧💧 En 5 anos B:



Ao longo do trimestre resolveremos estas e outras preguntas que irán xurdindo a medida que profundicemos no tema.

Deixamos a reportaxe gráfica do traballo de lecto-escritura que estivemos a facer para o noso recuncho do proxecto. 

...tRABALLANDO


...RESULTADO FINAL

5 ANOS A


5 ANOS B

viernes, 23 de septiembre de 2022

Creatividade e orientación espacial...

 Novo curso, 

        novas experiencias, 

                      novas emocións...

Un dos momentos do día onde aprendemos investigando e xogando é... nos diferentes RECUNCHOS.

Nesta ocasión amosamos diferente material manipulativo onde traballamos:

- A orientación espacial ademais da concentración, as formas, cores, tamaños...





- Desenvolvemos a creatividade e a psicomotricidade fina a través dos legos, do arco da vella de Montessori, dos xeoplanos, pizarras ...







Deste xeito aprendemos, exploramos e inventamos as nosas propias creacións.

Manipulando os diferentes materiais gañamos destreza e coordinación. Tamén traballamos a lóxica e o equilibrio.

As nosas aulas...

Comezamos curso coa presentación das aulas de 6º de infantil.

Aula de 5 anos A:

- Recuncho do xogo simbólico

- Recuncho de biblioteca e arte 

- Recuncho de construcións

- Recuncho de quebracabezas, lóxico-matemática e psicomotricidade fina.

- Recuncho de lecto-escritura e asemblea

Aula de 5 anos B:

- Asemblea

- Recuncho de construcións e quebracabezas

- Recuncho de xogo simbólico


- Recuncho de biblioteca, arte e lecto-escritura

- Recuncho de lóxico-matemática, orientación espacial e psicomotricidade fina.

jueves, 8 de septiembre de 2022

Comeza o curso 2022-2023

Ola! xa estamos de volta 

... un ano máis, 

abrimos as portas con ilusión 

e con moitas ganas  de aprender xunt@s 

e de compatir experiencias, pensamentos... 

En fin!!! 

esperamos que este último ano 

na etapa de infantil 

sexa moi gratificante 

para todos os SORRISOS.




                                 
                                                               
                         


   
                         😜😜😜😜😜😜😜😜😜😜😜😜😜😜😜😜😜😜