Novo curso,
novas experiencias,
novas emocións...
Un dos momentos do día onde aprendemos investigando e xogando é... nos diferentes RECUNCHOS.
Nesta ocasión amosamos diferente material manipulativo onde traballamos:
- A orientación espacial ademais da concentración, as formas, cores, tamaños...
- Desenvolvemos a creatividade e a psicomotricidade fina a través dos legos, do arco da vella de Montessori, dos xeoplanos, pizarras ...
Deste xeito aprendemos, exploramos e inventamos as nosas propias creacións.
Manipulando os diferentes materiais gañamos destreza e coordinación. Tamén traballamos a lóxica e o equilibrio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario