martes, 31 de marzo de 2020

ANIVERSARIOS MARZO


Os nosos mellores desexos 
para todos e todas 
os que estivestes 
de ANIVERSARIO 
neste mes.

                              BICOS

NELA
DANIEL
PABLO

SARA

IAGO

Aínda que estamos na casa non nos esquecemos de vós.

IDEAS...

Hoxe propoñémosvos traballar a 
psicomotricidade fina e a creatividade.
A idea que vos deixamos é facer pasta de sal... 
ANIMÁDESVOS?

COMO FACER?
Collemos un recipiente grande e mesturamos os ingredientes: sal, fariña e engadimos a auga pouco  a  pouco  ata  obter unha consistencia axeitada.
Para que a pasta teña algunha cor en concreto podemos engadir colorante alimentario ( poñelo na auga, non na masa para que quede ben tinguido). 
Esta pasta podemos utilizala como plastilina (queda mellor de cores) ou como pasta para facer figuras (para esta opción é mellor deixala branca e pintala posteriormente con témpera).
Para que as nosas creacións duren o maior tempo posible hai que deixar secar a pasta unhas horas ao aire libre e ila xirando para que seque por igual. Despois é recomendable que vaia ao forno para que quede ben seca e seguila virando. Poñer o forno a 100 grados máximo, durante 15 minutos, cando esté seca podemos pintala e vernizala.
Se vos animades a poñer esta idea en práctica...
... mandádenos as vosas creacións para subilas. 

lunes, 30 de marzo de 2020

Máis recursos...

Con motivo da situación actual, as seguintes editoriais habilitan webs abertas e gratuitas con contidos dixitais para o alumnado de educación infantil.
-- Do grupo santillana podedes descargar esta app:




-- A estoutros recursos podes acceder directamente dende a ligazón:

     - Campus digital E.I.  de Algaida. 

     - Apoyo.vicensvives.com


-- O grupo SM pon a nosa disposición o seguinte material:
(Accede dende a ligazón)

  • Web:

        - Yo aprendo en casa

       - Cuentos animados  (tanto en castellano como en inglés)

       - Lectoescritura


  • Coloreables

        - Pollo Pepe y sus amigos

       - Recortables de Lulú


  • APP educativas

         Creappcuentos

       - Castoriapp

viernes, 27 de marzo de 2020

Desde a casa...

Comezan a chegar as primeiras fotos...


Estas son algunhas das actividades que estades levando a cabo na  casa cos vosos fillos e fillas.
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR!







Plastilina caseira, ioga, 
pintado de sal, tics, 
repostería, horta, 
lecto-escritura, 
motricidade...



Material feito na casa:
- Parchís

- Patrón de figuras

Importante destacar que a través do xogo e en toda actividade que podemos facer diariamente dentro das nosas rutinas hai unha fonte de aprendizaxe.
Calquer momento e bo para aprender e para favorecer a estimulación de tódalas áreas do desenvolvemento infantil.
Bicos virtuais.

jueves, 26 de marzo de 2020

Traballo de mesa

Estas son as fichas que realizamos durante o segundo trimestre en relación co proxecto de "ASIA" nas aulas de 6º de infantil.



miércoles, 25 de marzo de 2020

Que podemos facer estes días?

Propoñémosvos algunha actividade en relación co guión que deixamos na web do centro:
- Buscar letras do noso nome (ou de diferentes palabras) en xornais, revistas, folletos... recortalas e pegalas nun folio.
- Escribir o noso nome, a data...
- Contar un conto. Fomentar que sexan os propios nenos e nenas os que inventen historias a través de imaxes, palabras...
- Facer debuxos.
- Practicar o resgado e recortado tendo en conta a forma correcta de coller as tesoiras (aproveitar folletos, revistas, xornais..)
- Facer boliñas de papel e botalos nun vaso de iogur, logo podemos: contalos, clasificalos... podemos aproveitar os anacos para pegar e facer un collage...
- Facer figuras xeométricas (círculo, cuadrado, triángulo...), grafía dos números, conteo de elementos...
- Debuxar creativamente, modelar con plastilina, témperas...
- Xogos educativos como: quebracabezas, dominós infantís, xogos de memoria...
- Se temos a posibilidade de imprimir na casa, como xa vos indicamos existen recursos para imprimir na rede (para colorear, trazos...)
OLLO coa direccionalidade e como se colle o lápis.
Algunha páxina máis onde podemos atopar material para imprimir:
(preme na ligazón)

Lembrar que hai unha selección ampla de diferente material no blog "nubecitas de sabiduría" podedes acceder directamente no apartado de PÁXINAS- Qúedate na casa (lateral esquerdo deste blog).

Ideas para traballar na casa...

Insistimos en que o alumnado se entreteña con material que temos pola casa e que elaboren as súas composicións de forma creativa.
- Podemos xogar con tapóns de diferentes cores: seriar, agrupar, colocalos en filas, columnas...
- Tapóns de cortiza, caixas de cartón, vasos de iogures...
- Utilizar as pinzas para: a prensión, conteo, clasificación...
Calquera material de refugallo é bo para aprender e manipular.

Colgamos algunhas ideas que están na rede e que podedes aplicar para levar a cabo algunha das indicacións que vos fomos deixando ao longo destes días:

- Actividades para estimular a psicomotricidade fina e o porqué da súa importancia:

















- Xogos divertidos para practicar o soplo e que podemos facer con material de refugallo:

- Actividades lóxico-matemáticas que podemos facer empregando a imaxinación con material que temos na casa:                                  

- Actividades  con tapóns reciclados:

- Idea para a lecto-escritura:
(Podémolo facer máis sinxelo, non ten porque ser tan elaborado...
Imaxinación ao poder!)
                                     

- Praxias orofaciales: "Cuento del gusanito".
                               
















LEMBRADE!!!!
Recalcamos que todo este material que estamos subindo son ideas que vos aportamos para poder traballar na casa cos vosos fillos e fillas.
Cada quen debe escoller o que mellor se axeite ás súas circunstancias.


martes, 24 de marzo de 2020

Nota importante:




Como nos gustaria facer o blog un pouco máis dinámico, e ademais votamos de menos esas caras pequechas... 
Aí vai a nosa proposta!


Debido ás circunstancias actuais vémonos na obriga de facer un parón no proxecto que estabamos levando a cabo nas aulas e...
Animámosvos a que participedes neste novo PROXECTO desde a casa. Agora máis que nunca é moi importante a colaboración das familias para levalo a cabo.
ESPERAMOS A VOSA AXUDA!

Un pouco de movemento...

E como un pouco de relax non ven nada mal, engadimos unhas ligazóns que atopamos navegando polo portal educativo de Aulas Galegas  e que seguro que nos é de gran axuda a tod@s.
Ioga:


2- Sesión de ioga para infantil-Aulas Galegas

Tamén vos pode interesar: "Yogic - Yoga para niños" en youtube. 
Deixamos unha mostra:

E como última suxerencia para hoxe, ademais dos xogos que vos propoñen os mestres de psicomoticidade e que publicamos na entrada anterior, queremos insistir na importancia de facer xogos de movemento traballando a orientación espacial, a lateralidade, orden...
(arriba-abaixo, diante-detrás, dereita-esquerda, primeiro-último, antes que-despois que, ...).

lunes, 23 de marzo de 2020

NOVAS

Seguimos subindo material interesante:
- Aulas Galegas é un portal educativo para ofrecer unha axuda educativa á sociedade. Iniciativa que tiveron uns mestres de Galicia para levar mellor esta situación de illamento provocada polo coronavirus e que nace para axudar ao alumnado, ás familias e ao resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.
Publican cada día contidos educativos tanto de elaboración propia como outros que xa existen e que paga a pena divulgar.
Este portal é unha fonte de recursos para todos os niveis e onde podemos atopar material moi interesante e que nos pode servir de gran axuda.
Podedes acceder á ligazón principal na barra lateral esquerda deste blog, (na etiqueta de PÁXINAS DE  INTERESE).
Para acceder por niveis podedes premer nas seguintes ligazóns:

- Tamén informarvos que nas pestañas superiores tedes acceso directo ao blog da mestra de inglés.

- Por outra banda, ao premer a imaxe lévanos a un PDF onde podemos ver os  xogos que nos propoñen os mestres de psicomotricidade.
- Deixamos un artigo moi interesante do Faro de Vigo que recolle unha guía completa de actividades e consellos para Educación Infantil.
(Recolle dunha forma clara e concisa moitas das suxestións que vos fomos indicando ao longo destes días).
Preme na imaxe e poderás ver toda a información.
Tamén podedes atopar un acceso a esta páxina desde o lateral esquerdo no apartado de ARTIGOS DESTACADOS.

- Como xa vos indicamos en entradas anteriores, no apartado de blogs interesantes tamén tedes unha selección de blogs que vos poden axudar. 
Navegando pola rede atopamos algúns que teñen material imprimible (por si queredes traballar en papel), como poden ser:

                 --- Bolboretas de Carrio
                 --- Cole de colores
                 --- Esos locos bajitos
( Podedes acceder a todos eles na barra dereita deste blog).
Na entrada de páxinas de interese tamén hai algún material.
Lembrar unha vez máis 
que estes recursos son orientativos.

viernes, 20 de marzo de 2020

Importante...

E importante que continuemos coas rutinas desde a casa.
Estas son algunhas propostas:
- Programar rutinas e actividades para todo o día.
- Realizar actividades (ler contos, traballos manipulativos e de mesa, xogos...) e tarefas en familia ( facer a cama, preparar almorzo, poñer a mesa, limpar...)
- Traballar a autonomía ( vestirse, espirse, abotoar, atar cordóns, ir ao baño...) 
- Alternar momentos de actividade física ou movemento con outros máis tranquilos.
- Continuar co calendario de merendas saudables.

De seguido algúns vídeos ilustrativos:

- Lavado de mans


- Atar cordóns



No lateral esquerdo, no apartado de "PÁGINAS", subimos dende youtube algúns vídeos de cancións que traballamos na asamblea:

- "Buenos días"
- "Días de la semana"
- "Mi carita"
- "Tengo 2 manitas"

- Cancións das estacións
- "Las estaciones del año"
- "Otoño"
- "Y lloverá"
- "Invierno"
- "Primavera"

Outros vídeos de interese:
- "Os números"
- "Los números"
- "O abecedario"
- "Las vocales"

... tamén en texto:
- De buenos días

- De condicións atmosféricas


- De silencio



- De recoller

Esperamos que este material  sexa de axuda.

jueves, 19 de marzo de 2020

SEGUIMOS CON ASIA... DESDE A CASA

Para aprender algo máis sobre algúns paises de Asia...
(Información recollida dende youtube)
- CHINA:
Descubrimos o primeiro Imperio chino grazas aos reporteiros da historia.

- INDIA:
En youtube atopamos estas narracións sobre a historia India. 

- JAPÓN:
Seguimos cos reporteiros da historia e nesta ocasión cóntannos curiosidades sobre Japón.


- No seguinte enlace podemos atopar unha recopilación de contos de China, India e Xapón.
- Neste blog encontramos diferente material sobre China: cancións, contos, manualidades...
Prema no enlace e para poder velo.
     - Esoslocosbajitosdeinfantil.blogspot.com

- Neste outro recolle  material do que traballaron sobre Xapón.
      - Pequechosdaxunqueira.blogspot.com

E COMO NON, ALGUNHA CANCIÓN:
- "Dubbi Kids":

- "Ratón japonés":
 

- "Sakura Sakura con gestos":

- "En un bosque de la China":

- "Chino chino capuchino":


MÁIS  VÍDEOS:
- "La vuelta al mundo en 80 globos: Conociendo China":

- "Tina y los Fieltronitos: Visita a China":

- "Littel Einsteins en Rusia":

APPS INTERESANTES...

Recopilación de algunas apps interesantes que podemos descargar para aprender jugando en la tablet. 

- Matemáticas para niños:

Kids Numbers and Math Lite




Centrada en el aprendizaje de las matemáticas, ayuda a aprender algunos conceptos matemáticos sencillos. En esencia, enseña a nombrar los números, contar, comparar números, sumar, restar y encontrar números iguales. 
- Aprende las vocales.
- ABC Preschool Kids- juego de aprendizaje.
- Aprender los números para niños.
- Masha y el oso- juegos educativos.
- Juegos de matemáticas para niños: sumas y restas.

miércoles, 18 de marzo de 2020

Aprende xogando estes días...

Recopilación de material educativo para poder jugar en  en el ordenador:(Para poder jugar pincha en la imagen)--- Juega y aprende


Los recursos que encontraréis en este blog están recomendados para alumnos de entre 3 y 6 años de edad, apostando por el juego como vehículo de enseñanza. Su temática es bastante amplia y en ella hay espacio para la lecto-escritura, los números, las letras, el cuerpo humanos, los colores, la educación vial…
--- Lecto-escritura:





--- Symbaloo de lecto-escritura. Pincha en la imagen y escoge un juego.

--- Lógico-matemáticas:




--- En estos enlaces encontramos una recopilación de actividades y materiales didácticos: Pincha y podrás acceder a todos ellos.

     El buho boo
-  Pipoclub

--- En el lateral derecho tenéis un listado de blogs interesantes que también os pueden ayudar, en algunos de ellos hay material para imprimir por si lo queréis utilizar.

lunes, 16 de marzo de 2020

PORTADAS 2º TRIMESTRE

Elaboramos as portadas dos traballos deste trimestre:


Este foi o resultado:

SAÍDA AOS BOMBEIROS


Excursión 
ao parque de bombeiros 
de Ferrol.




Visitamos ás instalacións, explicáronnos en que consiste o seu traballo, enseñáronnos os materiais e ferramentas que empregan, fixéronnos algunha demostración e incluso nós poidemos participar nalgunha ocasión...
Rematada a visita merendamos no parque da Gándara e xogamos un pouco antes de voltar ao centro.
O luns 9 de marzo foi o alumnado de 5 anos.






O martes 10 tocoulle o turno aos de 4 anos:




E o mércores 11 aos de 3 anos: