miércoles, 25 de marzo de 2020

Que podemos facer estes días?

Propoñémosvos algunha actividade en relación co guión que deixamos na web do centro:
- Buscar letras do noso nome (ou de diferentes palabras) en xornais, revistas, folletos... recortalas e pegalas nun folio.
- Escribir o noso nome, a data...
- Contar un conto. Fomentar que sexan os propios nenos e nenas os que inventen historias a través de imaxes, palabras...
- Facer debuxos.
- Practicar o resgado e recortado tendo en conta a forma correcta de coller as tesoiras (aproveitar folletos, revistas, xornais..)
- Facer boliñas de papel e botalos nun vaso de iogur, logo podemos: contalos, clasificalos... podemos aproveitar os anacos para pegar e facer un collage...
- Facer figuras xeométricas (círculo, cuadrado, triángulo...), grafía dos números, conteo de elementos...
- Debuxar creativamente, modelar con plastilina, témperas...
- Xogos educativos como: quebracabezas, dominós infantís, xogos de memoria...
- Se temos a posibilidade de imprimir na casa, como xa vos indicamos existen recursos para imprimir na rede (para colorear, trazos...)
OLLO coa direccionalidade e como se colle o lápis.
Algunha páxina máis onde podemos atopar material para imprimir:
(preme na ligazón)

Lembrar que hai unha selección ampla de diferente material no blog "nubecitas de sabiduría" podedes acceder directamente no apartado de PÁXINAS- Qúedate na casa (lateral esquerdo deste blog).

No hay comentarios:

Publicar un comentario