martes, 31 de marzo de 2020

IDEAS...

Hoxe propoñémosvos traballar a 
psicomotricidade fina e a creatividade.
A idea que vos deixamos é facer pasta de sal... 
ANIMÁDESVOS?

COMO FACER?
Collemos un recipiente grande e mesturamos os ingredientes: sal, fariña e engadimos a auga pouco  a  pouco  ata  obter unha consistencia axeitada.
Para que a pasta teña algunha cor en concreto podemos engadir colorante alimentario ( poñelo na auga, non na masa para que quede ben tinguido). 
Esta pasta podemos utilizala como plastilina (queda mellor de cores) ou como pasta para facer figuras (para esta opción é mellor deixala branca e pintala posteriormente con témpera).
Para que as nosas creacións duren o maior tempo posible hai que deixar secar a pasta unhas horas ao aire libre e ila xirando para que seque por igual. Despois é recomendable que vaia ao forno para que quede ben seca e seguila virando. Poñer o forno a 100 grados máximo, durante 15 minutos, cando esté seca podemos pintala e vernizala.
Se vos animades a poñer esta idea en práctica...
... mandádenos as vosas creacións para subilas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario