lunes, 23 de marzo de 2020

NOVAS

Seguimos subindo material interesante:
- Aulas Galegas é un portal educativo para ofrecer unha axuda educativa á sociedade. Iniciativa que tiveron uns mestres de Galicia para levar mellor esta situación de illamento provocada polo coronavirus e que nace para axudar ao alumnado, ás familias e ao resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.
Publican cada día contidos educativos tanto de elaboración propia como outros que xa existen e que paga a pena divulgar.
Este portal é unha fonte de recursos para todos os niveis e onde podemos atopar material moi interesante e que nos pode servir de gran axuda.
Podedes acceder á ligazón principal na barra lateral esquerda deste blog, (na etiqueta de PÁXINAS DE  INTERESE).
Para acceder por niveis podedes premer nas seguintes ligazóns:

- Tamén informarvos que nas pestañas superiores tedes acceso directo ao blog da mestra de inglés.

- Por outra banda, ao premer a imaxe lévanos a un PDF onde podemos ver os  xogos que nos propoñen os mestres de psicomotricidade.
- Deixamos un artigo moi interesante do Faro de Vigo que recolle unha guía completa de actividades e consellos para Educación Infantil.
(Recolle dunha forma clara e concisa moitas das suxestións que vos fomos indicando ao longo destes días).
Preme na imaxe e poderás ver toda a información.
Tamén podedes atopar un acceso a esta páxina desde o lateral esquerdo no apartado de ARTIGOS DESTACADOS.

- Como xa vos indicamos en entradas anteriores, no apartado de blogs interesantes tamén tedes unha selección de blogs que vos poden axudar. 
Navegando pola rede atopamos algúns que teñen material imprimible (por si queredes traballar en papel), como poden ser:

                 --- Bolboretas de Carrio
                 --- Cole de colores
                 --- Esos locos bajitos
( Podedes acceder a todos eles na barra dereita deste blog).
Na entrada de páxinas de interese tamén hai algún material.
Lembrar unha vez máis 
que estes recursos son orientativos.

1 comentario:

  1. HOLA! SOY VUESTRA EXCOMPI MARTA DE "COLE DE COLORES". MUCHÍSIMAS GRACIAS POR RECOMENDAR MI BLOG.
    UN BESITO PARA TODAS Y MUCHA SALUD.

    ResponderEliminar