viernes, 31 de marzo de 2023

Aniversarios MARZO

 

Este mes Festexamos os seguintes ANiversarios:




MARIO

alicia

As portadas deste trimestre

Rematou  o trimestre e toca levar os nosos traballiños para a casa. Nesta ocasión compaxinamos manualidades e arte para encuadernalos. 

💦⛵ Recortamos:

💦⛵ Picamos:



💦⛵ Pintamos con acuarela:


💦⛵ Esponxado con témpera:



💦⛵ Resultado final:

MOI BO TRABALLO!!!

jueves, 30 de marzo de 2023

"Búsqueda del tesoro" $$$


O broche final a este proxecto non podía ser outro que un xogo de pistas para atopar o TESOURO. 

Atoparemos onde está agachado?



O  capitán SORRISO encomendounos unha última misión: 


ATOPAR O TESOURO QUE AGACHOU,

 nalgún recuncho do cole.

A 1ª pista atopámola no noso corredor

A partir de aí fomos seguindo o mapa e as diferentes pistas ata atopar ... (ou NON), o tesouro tan DESEXADO.

Non foi tarefa fácil pois tivemos que sudar e  enfrentarnos a probas moi perigosas...😉😃😂

Se queredes saber o que aconteceu podedes facelo a través da reportaxe que vos deixamos de seguido...

MIRADE, MIRADE!!!


PROBA SUPERADA!!!

Recortable

O reto que amosamos hoxe consistía en personalizar esta marioneta:

Coloreamos, recortamos, montamos as pezas e pegamos.

O resultado: UN SIMPÁTICO PIRATA.

As creacións foron moi boas. Deixamos unha pequena mostra:

5 anos A:

5 anos B:

lunes, 27 de marzo de 2023

ATOPA A PARELLA

Creamos este "memory" para poñer a proba: a atención, a memoria, a concentración, a orientación espacial...

Na aula intentamos resolvelo tanto na EDI como nas tablets. 

Hoxe deixámolo nesta fiestra para que vos animedes e xoguedes na casa.

Lembrade que podedes ampliar a imaxe nas frechas que aparecen no borde superior dereito.

E non podía faltar a reportaxe gráfica traballando a competencia dixital:

Responde...

Deixamos este cuestionario sobre o tema dos PIRATAS, anímaste a xogar?

(Preme na imaxe para comezar)


Dentro da aula, xa o estivemos probando nas tablets e pasámos un anaco moi divertido.



 ... e tamén no EDI:

jueves, 23 de marzo de 2023

Saída a Exponav

 O mércores 22 

visitamos 

a Fundación Exponav 

en Ferrol.



Pasamos un rato moi divertido participando en dous obradoiros que teñen bastante que ver co noso proxecto: 

LINGUAXE DAS BANDEIRAS: 



BÚSQUEDA DO TESOURO PIRATA:


Rematamos a xornada repoñendo forzas no parque e xogando un pouquiño.


jueves, 16 de marzo de 2023

Xogos de... "Piratas" ⛵💣

A entrada de hoxe adicámola a xogos que temos na aula relacionados coa temática deste trimestre.

⛵ Bingo:

⛵ Cartas de parellas:
⛵ Dominó:
⛵ Memory:
Empregamos esta material para reforzar a atención, a concentración, a mamoria, a coordinación óculo-manual e o tempo de reacción, entre outros.

Tamén para xogar en grupo, aprender a seguir normas, repectar quendas, mellorar habilidades sociais...

Tamén empregamos material para traballar a lecto-escritura e a lóxico-matemática.

⛵ Bits de vocabulario:


Traballamos o trazo, a conciencia fonolóxica, o enriquecemento do vocabulario...

⛵ Completar palabras coas vogais.

⛵ Trazo das palabras:
⛵ Escribir a palabra correspondiante á imaxe:

Nestas actividades potenciamos o coñecemento, a memoria, a concentración, ademais de ampliar o vocabulario relacionado co proxecto. 

⛵ Conteo:

Traballamos a concentración, a observación... así como o trazo e o conteo.